Skip to Content

Blogues

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN: ACTUALIZADO 4 DE ABRIL

Finalizado o proceso de solicitude de admisión informamos que:

As solicitudes para 6º de primaria, 1º  e 4º da ESO están admitidas.

No caso de primeiro de primaria as dúas solicitudes están admitidas, xa que se abrirá unha unidade máis en 1º de primaria no vindeiro curso.

No caso de 4º de infantil temos 26 solicitudes para 25 prazas dispoñibles polo que debemos realizar unha baremación para determinar que solicitudes son finalmente admitidas.

Os solicitantes teñen de prazo do 1 ó 14 de abril para aportar a documentación xustificativa da súa situación de cara a realizar o proceso de baremación (no caso de non habela aportado no momento da solicitude). 

Para calqueira dúbida ou aclaración poden dirixirse á secretaria do centro ou ben por teléfono no 981 490032. 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro martes 15 de marzo ás 16:00 horas teremos unha xornada de portas abertas para que as familias que o desexen vexan as instalacións do centro e poidan consultar algúns aspectos básicos do funcionamento do centro.

 

SEMANA DA FROITA

Esta semana do 7 ó 12 de marzo temos de novo a semana da froita con reparto de froita de balde no tempo de lecer.

Neste caso contamos con froita ECOLÓXICA, mazá, pera, plátano e mandarina.

 

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No seguinte enlace podedes atopar toda a información das axudas para adquisición de material escolar, para aqueles que non puideron acudir á primeira convocatoria. 

Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. O texto da presente orde mantén un paralelismo case total co da Orde do 25 de agosto de 2015, para facilitarlles ás familias a realización dos trámites necesarios e aos centros docentes a xestión das axudas. 

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

 

COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROXECTO RÍOS NO CPI DE SAN SADURNIÑO

Información no seguinte enlace.

Blogue proxecto ríos

 

O CPI DE SAN SADURNIÑO participa na Codeweek-Semana Europea da Programación

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria vai participar na semana europea da programación. 

A Codeweek-Semana Europea da Programación é un evento promovido pola Comisión Europea co que se pretende introducir a rapazada no que se denomina "pensamento computacional". Dito doutro xeito: que os nenos e nenas aprendan a buscar solucións a problemas da vida diaria valéndose da informática e as tecnoloxías da información e a comunicación. Trátase dunha competencia indispensable na actualidade de cara a comprender como funciona o mundo dixital e a mellor maneira de adquirila quizais sexa a través do xogo. Por iso a Codeweek propón ata o 18 de outubro un xeito atraente para a infancia de empezar a programar. O CPI de San Sadurniño é un dos centros participantes canda colexios, entidades de 37 países. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria desenvolverá un evento durante estes días no que deberán empregar a lóxica e unha sinxela ferramenta de programación adaptada á súa idade.


Máis información na web do concello:

http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1301

 

COMEZAMOS AS CLASES CON TODOS OS SERVIZOS: COMEDOR E TRANSPORTE E HORARIO DE VERÁN

O vindeiro xoves 10 darán comezo as clases. A hora de comezo é as 9:30.

Recordámosvos que comezamos tamén o servizo de COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

Recórdovos tamén que nos meses de setembro e xuño non temos clase polas tardes.

En arquivo adxunto podedes consultar o menú do mes de setembro.

 

COMEZO DAS CLASES

Infantil e primaria: xoves 10 de setembro

Secundaria: Martes 15 de setembro

En breve iremosvos informando das datas de reunións coas familias.

AXUDAS 50 EUROS PARA MATERIAL ESCOLAR

No día de onte a consellería de educación convocou axudas de 50 euros para mercar material escolar. 

As axudas son en función da renda. 

O prazo de solicitude é dende o 2 de setembro ó 2 de outubro. 

Para facer unha atención ó público máis eficaz, pregámosvos que fagades as solicitudes no centro a partires do vindeiro XOVES 10 de setembro

Nos arquivos adxuntos tedes os impresos para solicitude (ANEXO I), un resumo das axudas e a publicación en DOG das axudas.

 

 

LISTAXE ALUMNADO FONDOLIBROS

Nos arquivos adxuntos está dispoñible a listaxe provisional de admitidos e excluídos do BANCO DE LIBROS FONDOLIBROS. O prazo de reclamación é de 2 días. 

Lémbrovos que en 3º e 5º de primaria o material será proporcionado polo centro, de xeito gratuíto, e non entra dentro deste programa.

Distribuir contido


by Dr. Radut