Skip to Content

Blogues

ALERTA POR NEVADAS

ALERTA POR NEVADAS. Diante da alerta por nevadas en determinadas zoas de Galicia comunicámosvos que o CPI DE SAN SADURNIÑO NON ESTÁ AFECTADO POR DITA ALERTA. Polo tanto o TRANSPORTE ESCOLAR, COMEDOR e CLASES se desenvolverán, nun principio, con normalidade, o que non quita que poida haber incidencias en algunha das liñas de transporte, de ser o caso, en zoas altas. 

O dito, en principio DESENVOLVEMENTO NORMAL das xornadas de mañá mércores e pasado mañá xoves. Máis información no portal educativo edu.xunta.es.

 

Un saúdo

 

A dirección

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 17-18

En arquivos adxuntos tedes toda a información sobre o proceso de admisión.

CONCURSO POSTRES DE ENTROIDO

No arquivo adxunto tedes as bases para o concurso de postres de entroido. Animadevos a participar¡¡¡

 

Semana da froita ECOLÓXICA

A vindeira semana teremos reparto de froita ecolóxica no tempo de lecer. A semana da froita forma parte do programa de alimentación saúdable do CPI de San Sadurniño e conta coa financiación do plan FOGGA. As froitas que teremos nesta ocasión serán: PERA, MAZÁ, PLÁTANO, MANDARINA e KIWI. 

 

BORRADOR DAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

Para cumprir coas novas circunstancias normativas redactamos estas normas de organización e funcionamento do centro. O que desexe facer aportacións ou necesite aclaracións sobre as mesmas pode facelo ata o vindeiro 1 de marzo. As aportacións presentadas serán analizadas polos órganos competentes, e, de ser o caso, incluiranse no documento das NOF. 

Saúdos, a dirección. 

 

BO NADAL

Con estas dúas fermosas tarxetas feitas por alumnado de 1º de primaria e de Educación Infantil queremos desexarvos un bo Nadal a todos¡¡

CONCURSO TARXETAS DE NADAL

A continuación tedes a relación de gañadores do concurso de tarxetas de Nadal deste curso. 

BO NADAL¡¡¡

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2016

Relación de gañadores.

EDUCACIÓN INFANTIL

Curso 4º A

Curso 5º A

Curso 6º A

Curso 6º B

Premio en grupo a cada curso.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso 1º A

Curso 1º B

Curso 2º A

Premio en grupo a cada curso.

 

Curso 3º A:  Borja Gómez Mariño / Iria Bouzas Carmona

Curso 3º B:  Noa López Lago / Iria Martínez

Curso 4º A: Laura Pernas Lagoa / Aréa MartÏnez Fernández

Curso 5º A: Antía López Otero / Mateo Couce Moreno

Curso 6º A: Lucía Chao Picos / Inés Arroyo Orro

EDUCACION SECUNDARIA

Curso 1º B : Nerea Rodríguez Pérez / Catalina Rodriguez Rico

Curso 2º A: Alberto Perille Grifón

Curso 2º B: Paula Rebollar Fernández 

Tarxeta para felicitar as festas de Nadal á comunidade educativa

- Feita polos alumnos de 1º Ed. Primaria e Educación Infantil

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NADAL 2016

 

San Sadurniño, 2 de decembro de 2016.

Operación Quilo de Nadal 2016

Queridas Familias:

Un ano mais queremos planificar a Operación Quilo de Nadal, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas parroquial.

 

 

Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuir de maneira voluntaria entre os días 5 ao 16 de decembro. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, sería do seguinte xeito:

 

 

  • Infantil: Pasta, legumes.

  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café, azúcar.

  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais.

  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite.

  • 1º e 2º ESO: Aceite, leite.

  • 3º ESO: Produtos de hixiene e limpeza, azúcar.

  • 4º ESO: Conservas, leite.

 

Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os mais desfavorecidos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

CANDIDATURAS Ó CONSELLO ESCOLAR

Os candidatos ó consello escolar polos distintos sectores son:

PAIS E NAIS: Alfredo Dopico Pazos

PROFESORADO: Juan José Guillín Fraga, Ana Isabel Vilela Castro

Recórdovos que as eleccións serán o vindeiro martes 29. 

 

CONVOCATORIAS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR E CALENDARIO DE ELECCIÓNS

No taboleiro de anuncios do centro e en arquivos adxuntos tedes publicados os censos electorais e as convocatorias de eleccións. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro VENRES 11 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut