O 15 de xaneiro celebrouse no CIS de Ferrol este evento. O profesorado do noso centro que participa no Erasmus+ KA201 Robot Dance(Teresa, Mar e Iván, aos que máis tarde se sumou a directora), amosaron os proxectos de robótica feitos nas súas clases co seu alumnado, especialmente o que acordou o profesorado dos tres países participantes (España, Gales e Finlandia) cando comezaron a traballar neste Erasmus (curso 2017-2018), que é programar os robots Lego EV3 para que, entre outros retos, bailen unha melodía.
De primaria, mostraron e programaron robots mBot e Bee-Bot.
De secundaria, mostraron e programaron os cinco robots Kakuribots feitos polo alumnado en 4º E.S.O. e, tamén, robots Lego Mindstorms EV3.
A mesa do noso proxecto Erasmus Robot Dance.
Profesorado dos centros de Gales, Finlandia e de España (C.P.I. de San Sadurniño, C.P.I. A Xunqueira de Fene e I.E.S. Sofía Casanova de Ferrol).
O 16 de xaneiro o profesorado extranxeiro que participa neste Erasmus visitou o noso colexio para ver o traballo relacionado coa robótica que se levou a cabo no noso centro. Máis información neste enlace.
Na mesa pódense ver os cinco robots Kakuribots construídos polo alumnado de 4º en clase de tecnoloxía, cos compoñentes electrónicos soldados nunha placa de circuito impreso e programados con Arduino, e cun módulo Bluetooth para que se poida controlar o movemento do robot mediante unha app descargada nunha tablet ou teléfono móbil.
LIGAZÓN AO VÍDEO
Levamos un xogo que creamos para mover o robot por un taboleiro, de xeito que pare xusto na caixa onde se atopa a imaxe da muller científica ou inventora sobre as que se está a preguntar no xogo.
E robots Lego Mindstorms EV3 construídos e programados polo alumnado de 4º na clase de tecnoloxía, na foto móstrase o que ten forma humana e o programa para dirixilo con control remoto mediante unha baliza emisora de infravermellos que detecta o sensor infravermello.
LIGAZÓN AO VíDEO
vídeo do robot no evento con outro programa
E finalmente, unha imaxe da proposta de reto para solventar co mBot: programalo para conseguir converterse nun Jedi (ao aproximar a man, o robot ten que retroceder):