Skip to Content

Blogues

Imaxe de depmat

SANSABOTICS 3.0 participa na First Lego League

O equipo de robótica do CPI San Sadurniño, Sansabotics 3.0, participou o sábado 17 de febreiro no concurso de robótica First Lego League celebrado en Ferrol e organizado pola Universidade de A Coruña.

Sansabotics 3.0 na FLL 2018 en Ferrol

O equipo tivo que expoñer o seu proxecto científico relacionado co ciclo humano da auga, explicar como organizaron o traballo, o deseño e a programación do robot e realizar unhas misións co robot de Lego EV3.

Sansabotics 3.0 na FLL 2018 en Ferrol

A First Lego League na TVG

A First Lego League en La Voz de Galicia

Sansabotics 3.0 no Diario de Ferrol

Sansabotics 3.0 en El Correo Gallego

ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A entrega de notas na ESO será MARTES 27 ás 11:00 horas para os cursos 1º, 2º e 3º. 

As notas de 4º entregaránse no acto de fin de curso que se terá lugar o MARTES 27 ás 12:30 horas na CASA DA CULTURA. A este acto estades convidadas as familias do alumnado de 4º da ESO. 

 

XORNADA DE VERÁN

A partires do xoves 1 de xuño (este incluído) non haberá clases pola tarde por mor do horario de verán. Polo tanto o martes 30 de maio é o último día que haberá clases pola tarde. 

 

CARREIRA POPULAR: RECOLLIDA DE DORSAIS e HORARIOS CARREIRAS

RETIRADA DE DORSAIS:
Decatlón Ferrol
Venres 26 de 17:00 a 22:00
Sábado 27 de 12:00 a 14:00

CPI San Sadurniño
Sábado 27 de 17:00 a 19:00

No circuito
O día 28 ata media hora antes de cada competición

HORARIO DAS CARREIRAS

 11:10 ESCOLARES A 1000 metros

11:30 ABSOLUTA 5000 metros

a partires 12:40 RESTO CATEGORIAS 

PREMIADOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

CONCURSO DE CONTOS E POESÍAS

LETRAS GALEGAS 2017

Carlos Casares

 

Relación de premiados:

 

 

Educación infantil 4 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infanti 5 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infantil 6 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infantil 6 anos B : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 1º A : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 1º B : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 2º A : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 3º A :

Carolina Coira Sáez.

Nelsón Bonome López

Aroa Chao Picos

 

Educación Primaria 3º B :

Noa López Lago.

Aingerua Rodríguez López

Iria Martínez Mera

 

Educación Primaria 4º A :

Alma Penabad Seco

Rubén Expósito Fernández

Area Martínez Fernández

 

 

Educación Secundaria :

       Paula Rebollar Fernández 2ºB ESO

SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA DO 22 Ó 26 DE MAIO

A vindeira semana teremos reparto de froita ecolóxica no tempo de lecer. A semana da froita forma parte do programa de alimentación saúdable do CPI de San Sadurniño e conta coa financiación do plan FOGGA. As froitas que teremos nesta ocasión serán: PLÁTANO, ALBARICOQUE, NECTARINA, SANDÍA e MAZÁ. 

CHEA DE VIDA

Hoxe 185 alumnos e alumnas do CPI de San Sadurniño participaron xunto con alumnado doutros centro da comarca (ata un total de 1000) na gravación da canción "Chea de vida" da interprete galega Guadi Galego.

A gravación foi todo un éxito e unha experiencia inolvidable para todos os participantes.

O videoclip gravado estará á nosa disposición o día das Letras Galegas. Irémosvos informando ó respecto.

VIDEOCLIP OFICIAL : https://youtu.be/6K8imYXul4c

Chea de vida en prensa.

 http://www.ferrol360.es/emocion-en-los-talleres-de-navantia-con-la-actuacion-de-guadi-galego-y-mas-de-mil-estudiantes/

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/reportaxe-mil-voces-unidas-cheas-vida/20170511221439189290.html

 

 

 

 

CARREIRA POPULAR SAN SADURNIÑO : Domingo 28 de maio

Tódolos domingos do mes de maio quedada para adestramentos cara a carreira popular.

Na zoa do mesón A Granxa, arredor das 12 de mañá quedamos os domingos para botar unhas carreiras preparatorias da Carreira popular de San Sadurniño do vindeiro domingo día 28.

Contamos con vós¡¡¡

Este mércores 17, día das Letras Galegas, tamén faremos quedada á mesma hora de sempre.

 Toda a información no seguinte enlace:

IV Carreira popular de San Sadurniño

ADMISIÓN CURSO 17-18. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Debido a que en todos os niveis educativos hai máis prazas que solicitudes, TODOLOS SOLICITANTES DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁN ADMITIDOS. 

En arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais.

Distribuir contido


by Dr. Radut