San Sadurniño, 2 de decembro de 2016.
Operación Quilo de Nadal 2016
Queridas Familias:
Un ano mais queremos planificar a Operación Quilo de Nadal, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas parroquial.
Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuir de maneira voluntaria entre os días 5 ao 16 de decembro. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, sería do seguinte xeito:
-
Infantil: Pasta, legumes.
-
1º e 2º Primaria: Cacao, café, azúcar.
-
3º e 4º Primaria: Galletas, cereais.
-
5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite.
-
1º e 2º ESO: Aceite, leite.
-
3º ESO: Produtos de hixiene e limpeza, azúcar.
-
4º ESO: Conservas, leite.
Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os mais desfavorecidos.
Grazas pola vosa colaboración.