Skip to Content

O CPI DE SAN SADURNIÑO participa na Codeweek-Semana Europea da Programación

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria vai participar na semana europea da programación. 

A Codeweek-Semana Europea da Programación é un evento promovido pola Comisión Europea co que se pretende introducir a rapazada no que se denomina "pensamento computacional". Dito doutro xeito: que os nenos e nenas aprendan a buscar solucións a problemas da vida diaria valéndose da informática e as tecnoloxías da información e a comunicación. Trátase dunha competencia indispensable na actualidade de cara a comprender como funciona o mundo dixital e a mellor maneira de adquirila quizais sexa a través do xogo. Por iso a Codeweek propón ata o 18 de outubro un xeito atraente para a infancia de empezar a programar. O CPI de San Sadurniño é un dos centros participantes canda colexios, entidades de 37 países. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria desenvolverá un evento durante estes días no que deberán empregar a lóxica e unha sinxela ferramenta de programación adaptada á súa idade.


Máis información na web do concello:

http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1301

 



blog | by Dr. Radut