Skip to Content

Blogues

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 15-16: LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO

Tedes o listaxe de alumnado admitido no arquivo adxunto.

 

CIRCULAR 7

No arquivo adxunto podedes visualizar o contido da circular informativa que tamén foi enviada por tokapp.

 

Imaxe de depmat

EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO

Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.

A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:

6ºinfantil visita Expometeoro
 

Se queres facer unha visita virtual preme na imaxe:

Expometeoro

CONCURSO LARPEIRADAS DE ENTROIDO

 

 

 

II CONCURSO DE POSTRES TÍPICOS DE ENTROIDO

 

BASES DO CONCURSO ( tamén en pdf no arquivo adxunto)

 

 

1.- O II Concurso de Postres terá lugar o próximo 13 de febreiro no CPI con

motivo da celebración do Entroido.

 

2.- É requisito imprescindible que sexan postres de Entroido.

 

3.- Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa que así o desexen. A tal efecto, os interesados en participar deberán inscribirse como participantes, entregando a inscrición ós titores ou na secretaría do centro.

A data límite para inscribirse será o 11 de febreiro.

Como máximo admitiránse 2 postres por inscrición. De cada postre elaborado presentarase unha cantidade suficiente para que o xurado o valore.

Os postres presentaránse o 13 de febreiro no comedor de 9:30 a 11 horas.

Xunto co postre e nun sobre pechado irán os datos do participante e o seu teléfono, así como a receita do postre presentado.

Tódolos postres permanecerán expostos no comedor ata que se produza o fallo do xurado.

 

4.- O xurado estará composto por membros da comunidade educativa. O fallo do xurado daráse a coñecer o mesmo día 13.

Haberá premios para os postres gañadores.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN CONCURSO POSTRES DE ENTROIDO

( a entregar en Secretaría ou ós titores)

 

 

NOME: …………………………………………………………………………..

 

TELÉFONO: ……………………………………………………………………..

 

POSTRES: ………………………………………………………………………..

 

 

…………………………………………………………………………

O CPI DE SAN SADURNIÑO FOI SELECCIONADO PARA DESENVOLVER CATRO LIÑAS DE CONTRATOS-PROGRAMA NESTE CURSO

No día de hoxe ven de saír a resolución provisional de contratos-programa na que o CPI de San Sadurniño desenvolverá catro liñas: Plan PROA, Mellora da convivencia (proxecto LOVA), Excelencia e mellora da calidade nos centros. 

POSTAL DE NADAL

A alumna de 2º de primaria, Dara Dopico Graña, foi a gañadora do concurso de postais de Nadal deste ano. Eiquí podedes ver o seu traballo co que aproveitamos para felicitarvos estas festas.

Postal Nadal 14

 

 

O resto dos premiados foron os seguintes:

INFANTIL

A clase de 3 anos A

A clase de 3 anos B

A clase de 4 anos

A clase de 5 anos

 

PRIMARIA

1º  A clase de 1º Ed. Primaria

1º  B clase de 1º Ed. Primaria

2º A clase de 2º Ed. Primaria

3º Jesús Penedo Vázquez

Mención: Irene Agueda Arroyo Orro

4º Lucía Chao Picos

Mención : Inés Meiting Arroyo Orro

5ºA  Catalina Rodríguez Rico

Mención : Bruno Mera Castro

6º Noreia Hermida Pérez

Mención : Alejandro Castrillón Rañal

Nuria Domínguez Castrillón

 

SECUNDARIA

1º ESO

Alberto Perille Rifón

2º ESO

Nerea Gundín Fraga

Yaiza González Gómez

 

 

OPERACIÓN KILO

Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no Nadal de 2013, na que grazas á implicación de todo o centro educativo conseguimos 400 quilos de alimentos, este ano queremos planificar a II Operación Quilo de Nadal 2014, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas parroquial.

 

Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuir de maneira voluntaria entre os días 3 ao 15 de decembro. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, sería do seguinte xeito:

 

  • Infantil: Pasta, arroz, legumes secas.

  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café, azúcar.

  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais.

  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas).

  • 1º e 2º ESO: Aceite, leite.

  • 3º ESO: Produtos de hixiene, azúcar.

  • 4º ESO: Conservas, leite.

 

Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os mais desfavorecidos.

 

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Concurso de relatos 25 de novembro

O Concello e mailo CPI de San Sadurniño volven promover o Concurso de relatos 25 de novembro, co que se busca que a rapazada reflexione sobre a igualdade a través da escritura. Este ano presentáronse un total de 16 obras que xa están expostas na Casa da Cultura. Son unha mostra de creatividade literaria con mensaxe, pero tamén o triste recordatorio de que a violencia contra as mulleres e a desigualdade dos xéneros son dous dos grandes problemas aos que a sociedade lles debe dar solución. As Nacións Unidas estiman que alomenos un 70 por cento da poboación feminina mundial sufriu ou sufrirá algún tipo de agresión ao longo da súa vida.

A exposición das obras escritas polos cativos e cativas de 3º e 4º da ESO permanecerá aberta ata o 31 de novembro no recibidor da Casa da Cultura. Na organización do concurso implicáronse o departamento municipal de Igualdade e Equipo de Dinamización da Lingua do CPI. Os premios entregaranse o próximo luns 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da violencia contra a muller, a partir das 16.30h. como colofón aos actos dunha xornada que arrancará xa pola mañá.

O alumnado de segundo da ESO participará entre as 9.30 e as 10.20h. na plantación simbólica de flores cos nomes das mulleres falecidas no que vai de ano vítimas da violencia de xénero. Un xesto que repetirán as rapazas e rapaces de primeiro curso entre as 10.20 e as 11. Trátase dunha homenaxe que se desenvolverá nos parterres da Casa do Concello e na que participan Viveiros Florgalicia e Viveiros Horjales - A Casa da planta.

Xa pola tarde, a iso das 15.20h. a compañía teatral Lisístrata traerá á Casa da Cultura as súas Verbas contra a violencia feminina, na que se xuntan poesía, teatro e prosa para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta lacra social. É un espectáculo en forma de recital e audiovisual que, segundo Lisístrata, "pretende remover o máis íntimo as conciencias".

Ao remate da obra darase a coñecer o fallo do xurado do concurso de relatos e entregaranse os premios: unha tablet para o primeiro, o libro Faneca Brava para o segundo e a obra Penúltimas tendencias para o terceiro.

FELICIDADES CPI SAN SADURNIÑO

Temos que congratularnos todos pola participación activa do centro en Galiciencia 2014. Os rapaces de primaria presentaron o xeito en que fixeron xabón o ano pasado a partir do aceite de cociña que reciclamos no centro, e os de secundaria fixérono tan ben que incluso foron merecedores para o xurado do 3º premio na súa categoría. Isto da novos pulos para seguir avanzando. Aquí tedes tres instantáneas do evento.

Capoeira en San Sadurniño

 

 

Capoeira en San Sadurniño

O pasado martes 5 de novembro fixemos un taller de capoeira na aula de música na que participaron os alumnos e alumnas de 2º e 4º da ESO. Foron unhas xornadas especiais nas que o profesor Raça de Brasil e dous alumnos da escola Capoeira Luanda de Ferrol compartiron con con nós algúns coñecementos básicos dos movementos, cancións, ritmos e instrumentos típicos da capoeira.

Distribuir contido


by Dr. Radut