Skip to Content

Blogues

NON HAI FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES

Ante algunhas informacións sobre unha convocatoria de folga estudiantil para os vindeiros días 5, 6 e 7 de Febreiro, o propio SINDICATO DE ESTUDIANTES desminte esta convocatoria, tal e como se pode comprobar no seguinte enlace:

SINDICATO DE ESTUDANTES


 

VISITA DE XOSÉ NEIRA VILAS A SAN SADURNIÑO

Neira Vilas encandila á mocidade

20/12/2013

Imaxen Descriptiva da Nova


85 anos recén feitos. Andar paseniño apoiado nun bastón. Algo de carraspeira. Unha imaxe de fraxilidade en definitiva que se difumina tan pronto como empeza a falar. "Eu querería estar aí sentado con vós nunha butaca. Pero, claro, non hai megafonía. E, ademais, agora que pasei o traballo de subir ao escenario...", dixo con voz firme e, ao tempo, cercana. Foi a presentación de Xosé Neira Vilas perante un auditorio de mozos e mozas que estudan a ESO en San Sadurniño. Rapazada con auriculares, móbiles e o proído propio da idade que, malia todo, quedou cautivada ao momento polo pensamento de quen viviu medio mundo "sempre en galego". Faloulles de todo un pouco: da súa obra, do labor da escrita, do valor da lingua... pero, sobre todo, deulles consellos sobre como converterse en persoas de proveito.

Fuxir da aula despois de xantar debe ser unha opción apetecible para calquera rapaz de hoxe nestes días previos ás vacacións. E máis aínda se a alternativa ás clases é encontrarse cunha lenda viva da nosa cultura, avalada pola súa traxectoria literaria e reivindicativa dunha lingua con entidade de seu.

Xosé Neira Vilas chegou a San Sadurniño pouco antes das catro da tarde acompañado do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de representantes da editorial Embora, responsable da publicación de "Aquel neno", o seu último libro polo de agora. Na casa da Cultura agardábano impacientes medio cento de mozos e mozas que leron recentemente "Memorias dun neno labrego", a obra máis coñecida do escritor de Vila de Cruces e tamén a máis traducida e reeditada da nosa literatura.

"Memorias..." é, sen dúbida, a novela que mellor retrata o mundo creativo de Neira. Escribiuna na Arxentina, a onde emigrou con 19 anos empuxado por un afán de superación persoal e de "aprender o mundo". Alí formouse como contable, aínda que despois seguiu preparándose para encher a ansia de escribir, primeiro como xornalista e logo como poeta, ensaísta e novelista. "Na Arxentina foi onde descubrín Galicia", asegura Neira, para quen foi vital entrar en contacto coa intelectualidade galega no exilio. "Memorias dun neno labrego" é, segundo o autor, a resposta a unha visión estereotipada sobre o mundo rural galego "que sempre escribían os da cidade como se a aldea fose un mundo idílico e os campesiños fosen xente sempre feliz". "A aldea non era un paraíso", engadiu, en referenza a un tempo de penurias en que a xente tiña pouco máis que para subsistir e pagar rendas. "Quixen dicir a verdade xa que eu son un escritor aldeano que mamou eses problemas e por iso puiden escribir sobre eles."

O repaso da súa obra e dos máis de 40 anos pasados na América Latina servíronlle a Neira Vilas para traer ao caso o seu activismo "defendendo a cultura, incluso moitas veces diante dos propios galegos". No encontro cos rapaces quedou claro que para el a lingua e a cultura son dogma de fe e que o idioma pode abrir moitas portas. "Falando e escribindo en galego chégase a moitos millóns de persoas en todos os continentes", asegura Neira. Para el o galego "ten boa saúde, aínda que sempre se pode mellorar" e a súa pervivencia, cualificada polo escritor como "a creación máis importante de Galicia en 800 anos", depende en grande medida das xeracións máis novas. "O futuro do galego sodes vós", díxolles aos mozos e mozas, a quen lles lembrou que os únicos prexuízos que existen contra o idioma "téñenos os de aquí".

A charla de Xosé Neira Vilas viuse truncada polos bocinazos do autobús que agardaba no colexio polos rapaces. Despedírono con aplausos e pedíndolle que asinase libros, incluso rubricou autógrafos en blocs de notas ou follas soltas. O tempo esfúmase máis rápido do que parece entre lembranzas, preguntas e consellos, moitos consellos, e non só literarios. "Tedes que ler moito e traballar moito. Pero traballar coas mans: plantar unha semente, ver como medra...". "Axudade na casa, non hai traballos "de homes e de mulleres". E axudádevos uns aos outros". Consellos sobre crecemento persoal, igualdade e solidariedade provenientes dun home envestido de autoridade suficiente para aconsellar. A autoridade que non dan nin os títulos nin a escola, senón os anos e ter andado moito mundo.
Galeria de Fotos: Neira Vilas encandila á mocidade

CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN FEBREIRO 2014

CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN

FEBREIRO 2014

 

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI San Sadurniño

 

B A S E S

 

TEMA: Texto relacionado co tema da paz, Premios Nobel da Paz ou outro tema que destaque o traballo individual ou colectivo realizado pola paz mundial.

PARTICIPANTES: Alumno/as de Educación Secundaria e 3º ciclo de Educación Primaria

MODALIDADE: Artigo xornalístico de opinión.

FORMATO: Texto manuscrito en folios tamaño A4.

NÚMERO DE TRABALLOS: Os traballos serán orixinais e realizados individualmente. Cada participante poderá presentar tantos como desexe.

VALORARASE: redacción, argumentación, investigación, presentación,…

ENTREGA: O prazo de entrega terá como límite o xoves, 20 de febreiro.

PREMIOS: Haberá premios para os tres mellores artigos.

Farase a entrega dos mesmos na última semana do mes de febreiro.

 

XURADO: Está constituído por membros do Equipo de Dinamización da Lingua e profesores de Lingua e Literatura

O fallo do xurado, que será inapelable. Nos días previos a esta data os traballos serán expostos ó público nos corredores do Centro. O xurado resérvase o dereito de descalificar calquera traballo que, ao seu xuízo, fose realizado por unha persoa diferente ao concursante, empregase a técnica de calco ou non reunise as condicións sinaladas nestas bases.

Os traballos gañadores quedarán en propiedade do Colexio e poderán ser publicados..

O feito de participar neste concurso conleva a aceptación de todos e cada un dos puntos destas bases.

San Sadurniño, 24 de xaneiro de 2014

 

ACTOS 40 ANIVERSARIO DO CPI DE SAN SADURNIÑO

40 anos
O vindeiro 10 de decembro o noso centro cumpre 40 anos, con este motivo estamos a organizar distintos actos, abertos á participación de todos vós, para conmemorar tan sinalada data:
  • Exposición fotográfica: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”. Ata o día 18 de decembro na sala de exposiciones da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Concerto musical pop-rock dos grupos Vodevil e Evolet (exalumnos). O vindeiro sábado día 30 de novembro de 20,00 h. ata 22,00 h. No salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Elaboración dun mural conmemorativo no pechamento exterior do centro.

 

  • Mesa redonda- coloquio: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”, o día 10 de decembro de 2013 as 17,45 h. no salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño. A continuación, copa de viño español servida no comedor do centro.

  • Recopilación de fotografías destes 40 anos. Estamos a dixitalizar fotografías antiguas coa colaboración de profesores xubilados. Ó remate crearemos un álbume dixital onde, a través da nosa páxina web, poderedes acceder á colección de fotografías. Vós tamén podedes aportar fotografías do voso paso polo centro e contribuir así a este banco de imaxes compartido. Para compartir fotografías poñédevos en contacto con Crisanto ou facédellas chegar a calqueira membro do equipo directivo, nós nos encargaremos de dixitalizalas.

ADMITIDOS TODOS OS SOLICITANTES DO COMEDOR ESCOLAR

Todos os alumnos solicitantes do uso do comedor escolar foron ADMITIDOS como usuarios. 

A listaxe foi aprobada no día de hoxe polo Consello Escolar e está dispoñible para a súa consulta na secretaría do centro. Ábrese un prazo de 5 días para alegacións.

A TOTALIDADE do alumnado que solicitou o uso do comedor foi admitido. 

Lembramos que nesta semana os usuarios deben traer cuberto o impreso de AUTODECLARACIÓN de ingresos.

COMEZO DAS CLASES: INFANTIL e PRIMARIA mércores día 11; SECUNDARIA luns 16

O comezo das clases en infantil e primaria é o vindeiro mércores día 11.

En secundaria comezan o luns día 16. 

Tanto os servicios de comedor como de transporte escolar comezan o mércores día 11.

CONVOCATORIA PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2013

O final de este artigo tamén tedes a versión para descargar en pdf

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

Lunes 2

Hora

Materia

Aula

9:00 a 10:20

Física e Química 3º, 4º e pendentes de 3º

1º B

9:00 a 10:00

Lingua Galega 1º

1º A

10:20 a 11:20

Bioloxía e Xeoloxía 3º

1º B

10:20 a 11:20

Ciencias Naturais 1º e 2º

1º A

11:30 a 12:30

C.C.S.S. Xeografía e Historía 3º e 4º

1º B

11:30 a 12:30

C.C.S.S. 1º e 2º

1º A

12:30 a 13:30

Lingua Castelá 4º

1º B

12:30 a 13:30

Lingua Castelá 1º e 2º

1º A

12:30 a 14:00

Tecnoloxía 2º, 3º, 4º e pendentes de 2º

Tecnoloxía

 

 

Martes 3

Hora

Materia

Aula

9:00 a 10:30

Matemáticas 3º,4º, pendentes de 2º e pendentes de 3º

1º B

9:00 a 10:10

Matemáticas 1º e 2º

1º A

10:10 a 10:40

Teoría E.F. 1º

1º A

10:40 a 12:00

L. Inglesa 3º,4º e pendentes de 3º

1º B

10:40 a 12:00

L. Inglesa 1º e 2º

1º A

12:00 a 13:00

Plástica 1º,3º 4º e pendentes de 3º

Plástica

12:00 a 13:00

Francés 1º e 2º

1º A

13:00 a 13:40

Práctico E.F. 1º

Ximnasio

 

 

 

Mércores 4

 

 

9:30 Evaluación extraordinaria de Setembro

PRAZOS DE MATRICULA, AXUDAS PARA LIBROS E SOLICITUDE PARADAS

    Prazos de matrícula. 

Días 20 e 21 de xuño: alumnos novos de infantil e primaria.

E. Secundaria obrigatoria: do 25 xuño ao 10 xullo (alumnado que aprobe todo en xuño). Para unha atención máis rápida, respecten estas datas:

 

Días 25 e 26 de xuño:        1º de ESO

Días 27 e 28 de xuño:        2º de ESO

Días 1 e 3 de xullo:            3º de ESO

Días 4 e 5 de xullo:              de ESO

Días 8 e 9 de xullo:            Entrega de documentación complementaria.

 

·         Axudas para libros: 

Infantil e primaria:             Mes de xuño

Secundaria:                        Do 25 ao 10 de xullo

 

 

Solicitude de novas paradas:

Ata o 10 de xullo

 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

Vídeos das actuacións dos alumnos de infantil e primaria:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut