Skip to Content

Blogues

Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares

Aberto prazo para presentar proposicións, suxestións ou recomendacións: do 25 de abril ao 3 de maio.

Enlace á páxina web da Consellería de Educación onde se pode consultar toda a información

O claustro do CPI San Sadurniño manifesta o seu rexeitamento ao proxecto de comedor onde se desvincula a gratuidade do servizo ao feito de ser usuario do transporte escolar polos seguintes motivos:

-Un alumno non pode ser obrigado a pagar un servizo complementario necesario para a súa escolarización. Nas zonas rurais con alumnos transportados a longas distancias non teñen garantizada a súa escolarización sen o acceso aos servizos complementarios.

-A cambiante situación económica actual dificulta o establecemento do baremo ao longo polo menos dun curso escolar.

-Non establece que medidas tomarán as direccións dos centro cos alumnos que manifesten o seu desexo de non utilizar o servizo de comedor.

TÁBOA RESUMO DOS DIFERENTES TIPOS DE USUARIOS SEGUNDO O NIVEL DE RENDA

 

 

RENDA FAMILIAR ANUAL NETA PER CÁPITA

CANTIDADE A ABOAR

ZONA DE INFLUENCIA

Menor de 7000€

GRATUIDADE

1 ou 2 menores

Entre 7000,01€ e 8000€

1€

3 menores

Igual ou superior a 7000,01€

1 ou 2 menores

Entre 8000,01€ e 9000€

2,50€

1 ou 2 menores

Igual ou superior a 9000,01

4,50€

FÓRA DA ZONA DE INFLUENCIA

(independentemente da renda)

4,50€

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

O CPI e o Concello de San Sadurniño convocan o II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente.

BASES:

VISITA A O HOSPITAL VETERINARIO ROF CODINA E LABORATORIO DE XENÉTICA DA USC EN LUGO

Onte, dentro do proxecto "Una cebra en el agua", visitamos o hospital veterinario Rof Codina e o laboratorio de Xenética da USC na facultade de Veterinaria do campus de Lugo. 

LOIS0999.JPG

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 5 AO 17 DE ABRIL

Os alumnos sen escolarizar ou que soliciten un cambio de centro deben solicitar a admisión no noso centro do 5 ao 17 de abril.

Enlace a toda a información.

DOUS ALUMNOS DO CENTRO FINALISTAS NO CERTAMEN EMPRENDE XOVE

Os alumnos de 3º ESO, Daniel Sueiras e Antonio Sanmartín, finalistas do certamen Emprende Xove convocado por la Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) coa colaboración do Concello de Ferrol. A gala de entrega de premios celebrouse o venres 5 de abril no salón de actos do campus universitario de Esteiro.

exposicion_mini

VISITA Á CASA MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN E TALLER DE ROBÓTICA

Os alumnos de 2º e 4º ESO visitaron o xoves 28 de febreiro a casa museo de Emilia Pardo Bazán (sede da Real Academia Galega) e a fundación Barrié onde participaron nun taller de robótica.

taller1

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

Publicada a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Xúntanse os anexos cos formularios de admisión de alumnado e matrícula, que os usuarios poderán cubrir e imprimir para a súa presentación no centro.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Publicación de vacantes 4 de abril

Presentación solicitude admisión

(anexo II da Orde de admisión,

DNIs dos pais, DNI do alumno ou folla do libro de familia na que está inscrito o alumno)

Entrevista coa orientadora do centro (ver información máis abaixo)

DO 5 AO 17 DE ABRIL

Presentación documentación xustificativa

(en caso de solicitala o centro)

do 22 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos ate o 10 de maio
Publicación das listaxes definitivas antes do 31 de maio

Formalización da matrícula en EI e EP

(anexo III-1 da Orde de admisión)

do 20 ao 30 de xuño

Formalización de matrícula en ESO

(anexo III-2 da Orde de admisión)

do 25 de xuño ao 10 de xullo
Prazo extraordinario de matrícula en ESO do 1 ao 10 de setembro

 

  • Entrevista coa orientadora do centro

A solicitude de admisión dun alumno no noso centro vai acompañada dunha entrevista persoal coa orientadora do noso centro.

Co obxectivo de axilizar a entrevista é conveniente levar cuberto o seguinte cuestionario:

CUESTIONARIO DE DATOS PREVIOS Á ESCOLARIZACIÓN

Á entrevista deberá asistir o pai ou a nai e o alumno para o que se solicita a admisión. No caso de non poder asistir o mesmo día que se entrega a solicitude concertarase unha cita para outro día.

  • Criterio i) a elección do consello escolar do centro

En reunión celebrada o mércores 3 de abril de 2012, o consello escolar do centro acordou establecer o seguinte criterio:

  Existencia de familiares directos que colaboran no coidado do alumno/a con domicilio na zona de influencia do centro.

 

  • Lexislación e instruccións que rixen o proceso de admisión:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Instruccións da Xefatura Territorial acerca do proceso de admisión do alumnado

Instruccións da Dirección Xeral de Recursos Humanos acerca do proceso de admisión

Criterio i) a elección do consello escolar do centro

Para resolver calquera dúbida dirixirse á Secretaría do centro.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2013/2014 en espera de aprobación da Orde que o regule.

Dende o centro recomendamos estar pendentes do prazo de reserva de praza entre o 5 e o 17 de abril.

Crias de Cebra

Alevin de Peixe cebra

Eiquí temos os primeiros resultados do proxecto "Una cebra en el agua". Hoxe rexistramos a existencia de 11 alevíns de peixe cebra, despois de 3 semanas. A fotografía está tomada con cámara dixital sobre ocular de lupa a 20 aumentos. O tamaño real é apenas de 1 mm. ¿cántos días terá este alevín?

Distribuir contido


by Dr. Radut