Skip to Content

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

O CPI e o Concello de San Sadurniño convocan o II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente.

BASES:

Participantes

Poderán participar todos os alumnos e alumnas do CPI de San Sadurniño.

Categorías

a) Educación Infantil.

b) Educación Primaria.

c) Educación Secundaria.

Obras

  1. Os traballos presentados serán orixinais e inéditos, é dicir, non poden ter sido difundidos previamente en ningún tipo de soporte.

  2. As fotografías terán como tema os ríos, os regatos ou as fontes.

  3. As fotografías irán montadas preferentemente sobre unha cartolina negra de tamaño A4 ou ben serán enviadas en formato dixital ao enderezo do CPI (cpi.sansadurnino@edu.xunta.es) indicando no asunto “Certame de fotografía”. Incluirase tamén un folio no que figuren os seguintes datos:

  • Título da fotografía.

  • Lugar onde foi feita.

  • Nome do río, regato ou fonte.

  • Nome, apelidos e curso do autor ou autora.

  1. O autor da fotografía contará coa debida autorización das persoas que teña fotografado.

  2. O xurado poderá solicitar, se o considera oportuno, o ficheiro orixinal da imaxe.

Xurado

O xurado estará constituído por dous representantes do concello e dous profesores do CPI de San Sadurniño.

Premios

Concederase un premio por categoría.

Propiedade das fotografías

Os participantes no concurso cederán os dereitos de exposición, publicación e difusión das fotografías, sempre e cando se cite o nome do autor destas.

Prazo de presentación

O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de xuño de 2013.



blog | by Dr. Radut