Rompendo estereotipos

Que mañá máis emocionante vivimos no cole o xoves 8 de marzo!

Cos nosos titor@s nas aulas xa falaramos dos oficios e profesións,de como desempeñaban as persoas o seu traballo,de quen era quen... case todos homes,a verdade !

E entón chegaron el@s...e racharon os nosos esquemas !

 

Porque nada resultou ser como nós pensabamos :

quen exercía a medicina  e a arquitectura,

a persoa que conducía un camión,

quen patrullaba de policía...

todas eran mulleres! 

E a que non adiviñades quen representaba o baile 

clásico e a enfermería ?

Pois si,homes !

Ah,e o cargo político máis alto da cidade era tamén

muller !  

 

Neste momento as preguntas empezaron a xurdir case espontaneamente;eran xa doutro tipo pois o  grupo de nen@s medraba en idade.

Houbo tamén moitas risas  pola sinceridade do alumnado,porque lle estaban a rachar cos estereotipos e algo lles chocaba,claro! 

 

Gostamos moito cando vimos que vestían as súas roupas de traballo a maioría  e que estaban disfrutando tanto coma nós,mesmo case con igual sorpresa nas súas caras !

 

E non sabemos que pensarán os demais,pero  esta experiencia non a imos esquecer nunca e seguro que nos vai servir para o futuro,para que se valore o traballo de todas as mulleres independentemente de a que se adiquen 

 

 Moitas,moitas grazas a est@s profesionais por vir e compartir esa xornada con nós! Foi unha oportunidade única! 

 

Pinchade no ADXUNTO para ver o vídeo

 

AdjuntoTamaño
Rompendo estereotipos.mp410.62 MB