Onte, xoves 22 de novembro, tivo lugar na pista de atletismo do Complexo Deportivo de Monterrey unha nova edición de XOGADE, na modalidade de campo a través.
Estes pequenos atletas fixeron grandes carreiras!!
Mirade como se esforzaron (preme na imaxe para ver a galería de fotos)
Xa pasaron dous meses dende o inicio do curso e para o nenos e nenas de Educación Infantil está a ser unha fantástica aventura na que, como de seguro xa sabedes, están moi ben acompañados.
Cada clase ten a súa mascota e sendo xa tan amigos e amigas temos que presentalos dando a coñecer algúns vídeos da súa historia e de como apareceron.
A tradición galega dicía que as castañas simbolizan a alma dos defuntos e que, con cada fruto ventilado na festa do Magosto,unha alma se liberaba do Purgatorio e uníase á celebración.
Con esta responsabilidade, o pasado o xoves, 15 de novembro, celebramos o Magosto na carballeira Don Franque.
Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria empregaron os recursos que nos ofrece o outono para poder completar as súas caras, resultando estas magníficas composicións.
Infórmase ás familias que debido ás condicións meteorolóxicas a festa do Magosto prevista para o venres 9 de novembro posponse para o xoves día 15 de novembro.
Dentro do EspazoAbalar poñen a nosa disposición guíaa para poder empregar a app Abalarmóbil dun xeito intuitivo, sinxelo e sen que poidan xurdir dúbidas.
Porén, premendo nos seguintes enlaces accederemos directamente a guía que nos interese: