Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Introdución á robótica educativa

Programación e Robótica

Dende hai varios cursos escolares o CEIP Plurilingüe de Maceda participa no programa da Consellería “Introdución á robótica educativa en Educación Primaria” coa proposta de integrar curricularmente a robótica nos cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Neste curso escolar 2021-2022 decídese ampliar o programa solicitando incorporar a materia de libre configuración de Programación e Robótica para 4º curso.

 O proxecto que se pretende levar a cabo ten como base a idea de que a robótica pode empregarse como ferramenta educativa transversal que mellore a aprendizaxe en tódalas áreas e niveis educativos, de maneira que ao mesmo tempo que se aprende a programar aplicacións e robots, se están adquirindo outras moitas habilidades e competencias.

 A programación e a robótica axudan a desenrolar a tolerancia á frustración, promoven a toma de decisións, o análise e solución de problemas e o traballo en equipo. A robótica estimula a creatividade, as habilidades de liderado, a autoestima e a seguridade nun mesmo.

 A robótica educativa implica que o alumnado constrúa, ensamble e poña en funcionamento os seus robots para resolver unha tarefa ou reto. Cos robots non só o alumnado estuda e aplica os coñecementos da aula senón que tamén representan o seu propio mundo adestrándose na ciencia e na tecnoloxía de forma lúdica.

 O obxectivo primordial non é tanto ensinar e aprender conceptos tecnolóxicos senón que a robótica se converta nun medio atractivo, útil e divertido para desenrolar un abano de competencias, destacando a creatividade, o xuízo crítico, o traballo en equipo e o emprendemento.

Xornada Presentación Polos Creativos

O día 26 unha pequena representación do alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de desprazarse á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para mostrar os traballos realizados no campo da Programación e Robótica durante o curso escolar.

Alí tiveron a oportunidade de coñecer ao presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Educación e ás demais autoridades e puideron explicar os seus proxectos a outros docentes interesados.

  

O CEIP Plurilingüe de Maceda foi seleccionado xunto con outros 19 centros de todo Galicia para participar neste evento de presentación dos polos creativos, as novas aulas con dotación tecnolóxica que se establecerán nos centros que o soliciten.

Estamos moi orgullosos do seu traballo e do ben que o fixeron durante a xornada.

Parabéns aos nenos que tiveron a ocasión de representarnos pero tamén a aqueles que tiveron que quedar polas limitacións establecidas.

Velaquí as fotos do evento.

  

Álbum: Curso 2021-2022 -> Presentación Polos Creativos

Aprendemos sobre os volcáns

Nestes últimos meses aproveitando a erupción do volcán da Palma estivemos aprendendo sobre este fenómeno con actividades variadas.

Na materia de Educación Plástica o alumnado de 3º e 4º de cursos de Educación Primaria puideron observar con Realidade Aumentada as partes dun volcán e o proceso e erupción. Primeiramente colorearon unha ficha e logo pudieron ver como cobraba vida na aplicación móvil Quiver.

O alumnado de 4º tamén na materia de Plástica modelou con plastilina un volcán e logo simularon unha erupción mediante o experimento científico da mestura de vinagre con bicarbonato.

O alumnado de 6º codificou e deulle vida a unha volcán coa ferramenta Scratch.

 

En Ciencias Sociais o alumnado de 5º estivo vendo vídeos, investigado e facendo distintas fichas para aprender as partes e os tipos de volcáns existentes.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Aprendemos sobre os volcáns
Distribuir contido


by Dr. Radut