Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Convivencia Escolar

Equipo de Dinamización da Convivencia Escolar

Recoñecemento para o noso alumnado

Estamos orgullosos da nosa alumna Naia de Educación Infantil. O seu traballo sobre a Constitución foi un dos premiados no Concurso Escolar da Constitución Española organizado pola subdelegación do Goberno de Ourense.

Parabéns Naia e parabéns ás docentes que o fixeron posible!

25 N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Dentro do proxecto de centro "Érase unha vez un castelo" conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cuns escudos elaborados por cada unha das clases. 

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

 

Caixas pola Paz

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia. Durante a semana previa o alumnado de cada aula estivo decorando unha caixa con distintos motivos para colgala na entrada do centro.

No seguinte álbum podedes ver o esforzo e o gran traballo do alumnado e do profesorado para preparalas.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Día da Paz

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

19 DE NOVEMBRO, "DÍA DO PIXAMA"

O 20 de novembro conmemórase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, a comunidade educativa do cole de Maceda visualizamos esta data vindo en pixama o venres 19 de novembro.

Perante toda a semana, profundizamos na diversidade e pluralidade de familias que un neno/a pode ter. Pretendemos inculcar no noso alumnado mensaxes de tipo:

  • Hai familias diversas, ningunha é mellor que outra.
  • O importante nas familias é o amor e o apoio que se dan entre as persoas que a forman, non importa cantas persoas sexan, a súa filiación ou onde vivan.
  • Os vínculos biolóxicos non son mellores nin peores que os emocionais. Sen cariño, a bioloxía serve de pouco. Cando non hai conexión biolóxica, pode existir un compromiso e un cariño tan sólidos que aseguren perfectamente a felicidade entre dúas persoas.
  • Promover o respeto pola diversidade familiar como contido educativo.
  • Oposición activa a calquera forma de discriminación baseada en circunstancias persoais e familiares.

 Deixámosvos un vídeo resumo da xornada do "Día do Pixama" (preme na imaxe)

FONTE: PIXABAY

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

Un vídeo resumo das actividades realizadas nesta semana é o seguinte:

(Preme na imaxe)

Fonte:Pixabay

 

Fonte:via GIPHY

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Distribuir contido


by Dr. Radut