Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Plurinfantil /Plurilingüísmo / Seccións bilingües

Potenciación da lingua estranxeira

Neste curso escolar, 2021, o centro incorporouse á Rede de centros plurilingües de Galicia, impartíndose en lingua inglesa a materia de Educación Plástica en 1º curso de primaria.

Este plan irase incorporando paulatinamente a todos os niveis de Educación Primaria ata que se faga extensivo a toda a etapa.

Ademais este curso tamén foron aprobadas dúas novas seccións bilingües que se unen á que xa estaba en funcionamento nos cursos anteriores.

Por tanto, as sección bilingües coas que contamos na actualidade son:

  • Educación Plástica de 3º curso de Educación Primaria.
  • Educación Plástica de 4º curso de Educación Primaria.
  • Educación Plástica de 5º curso de Educación Primaria.

Digital Week

Onte despedimos ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria na súa saída cara Bergondo (A Coruña).

O noso proxecto foi un dos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística da Consellería de Educación “Digital Week”.

Dende o domingo 16 ata o sábado 22 de outubro os alumnos terán a oportunidade de desenvolver durante a súa estancia de campamento diversas actividades nas que, non so practicarán as súas destrezas na lingua estranxeira, senón que tamén mellorarán a súa competencia dixital.

Premendo aquí podedes atopar toda a información.

International Women's Day

Grade 1 and grade 2 celebrate International Women's Day drawing their super women.

Mums, grandmas, teachers, friends... we are all wonder women!

 

Primeiro e segundo celebran o Día da muller debuxando as súas súper mulleres.

Nais, avoas, mestras, amigas... somos todas marabillosas!

 

                                 

Aprendemos sobre a India

Dende comezos de febreiro contamos cun auxiliar de conversa que nos apoia nas materias de inglés e plástica bilingüe.

O seu nome é Rishab, e procede da India. Estes días fixo unha presentación para o alumnado sobre o seu país e as súas tradicións.

Velaquí a presentación que compartiu connosco.

THANKSGIVING DAY

On Thursday November 26th grade 5 students each gave thanks to celebrate Thanksgiving day.

 O xoves 26 de novembro os alumno/as de 5º de Primaria deron as grzas para conmemorar o día de Acción de grazas.

 

                                

Distribuir contido


by Dr. Radut