Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro domingo 17 de maio, dende a área de Educación Física recopilaremos xogos populares que facían os nosos maiores de pequenos.
Enviade (este venres ou o luns) soamente unha ficha co voso xogo en galego e practicádeo.
O sábado, 2 de febreiro, tivo lugar nas instalacións de Monterrei a fase provincial de campo a través. Acudimos co alumnado que se clasificara na fase comarcal.
Todos acabaron a súa respectiva distancia e unha alumna da categoría infantil quedou terceira clasificada!!
O alumnado de 3º a 6º de Primaria participaron na fase comarcal de campo a través, que tivo lugar nas instalacións de Monterrei. Todos lograron finalizar o percorrido correspondente a súa categoría. Comportándose como verdadeiros atletas!!