Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

19 DE NOVEMBRO, "DÍA DO PIXAMA"

O 20 de novembro conmemórase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, a comunidade educativa do cole de Maceda visualizamos esta data vindo en pixama o venres 19 de novembro.

Perante toda a semana, profundizamos na diversidade e pluralidade de familias que un neno/a pode ter. Pretendemos inculcar no noso alumnado mensaxes de tipo:

  • Hai familias diversas, ningunha é mellor que outra.
  • O importante nas familias é o amor e o apoio que se dan entre as persoas que a forman, non importa cantas persoas sexan, a súa filiación ou onde vivan.
  • Os vínculos biolóxicos non son mellores nin peores que os emocionais. Sen cariño, a bioloxía serve de pouco. Cando non hai conexión biolóxica, pode existir un compromiso e un cariño tan sólidos que aseguren perfectamente a felicidade entre dúas persoas.
  • Promover o respeto pola diversidade familiar como contido educativo.
  • Oposición activa a calquera forma de discriminación baseada en circunstancias persoais e familiares.

 Deixámosvos un vídeo resumo da xornada do "Día do Pixama" (preme na imaxe)

FONTE: PIXABAY

 



story | by Dr. Radut