Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Programación e Robótica

Dende hai varios cursos escolares o CEIP Plurilingüe de Maceda participa no programa da Consellería “Introdución á robótica educativa en Educación Primaria” coa proposta de integrar curricularmente a robótica nos cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Neste curso escolar 2021-2022 decídese ampliar o programa solicitando incorporar a materia de libre configuración de Programación e Robótica para 4º curso.

 O proxecto que se pretende levar a cabo ten como base a idea de que a robótica pode empregarse como ferramenta educativa transversal que mellore a aprendizaxe en tódalas áreas e niveis educativos, de maneira que ao mesmo tempo que se aprende a programar aplicacións e robots, se están adquirindo outras moitas habilidades e competencias.

 A programación e a robótica axudan a desenrolar a tolerancia á frustración, promoven a toma de decisións, o análise e solución de problemas e o traballo en equipo. A robótica estimula a creatividade, as habilidades de liderado, a autoestima e a seguridade nun mesmo.

 A robótica educativa implica que o alumnado constrúa, ensamble e poña en funcionamento os seus robots para resolver unha tarefa ou reto. Cos robots non só o alumnado estuda e aplica os coñecementos da aula senón que tamén representan o seu propio mundo adestrándose na ciencia e na tecnoloxía de forma lúdica.

 O obxectivo primordial non é tanto ensinar e aprender conceptos tecnolóxicos senón que a robótica se converta nun medio atractivo, útil e divertido para desenrolar un abano de competencias, destacando a creatividade, o xuízo crítico, o traballo en equipo e o emprendemento.



page | by Dr. Radut