Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

MAGOSTO 2018

A tradición galega dicía que as castañas simbolizan a alma dos defuntos e que, con cada fruto ventilado na festa  do Magosto,unha alma se liberaba do Purgatorio e uníase á celebración.

Con esta responsabilidade, o pasado o xoves, 15 de novembro, celebramos o Magosto na carballeira Don Franque.

Despois do recreo... comezou a aventura cunha andaina ata a carballeira, na que disfrutamos da natureza vendo vacas, becerros, burros e ata ovellas pero, tamén amenizamos o percorrido con cantigas e chistes.

Ao chegar a Don Franque se estaban xa asando as castañas...humm que boas estaban!!

Comimos sentados na herba, xogamos ata quedar cansos,pintamos a cara e voltamos ao cole no bus.

Que ben o pasamos!!

Ollade as fotos que ben amosan o discorrer deste día (preme na imaxe)

 

 



blog | by Dr. Radut