Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

O MARABILLOSO MAGO DE OZ

 Os nenos e nenas de 4 anos están a vivir unha experiencia única aprendendo e desfrutando. Así pois, neste proxecto coñeceron a Dorothy, unha nena que soña con poder viaxar “máis aló do arco da vella” e ve o seu desexo feito realidade cando un tornado a leva a ela e ao seu can ao Mundo de Oz.

Pero a aventura solo acaba de comezar xa que tras ofender á Malvada Bruxa do Oeste e aconsellada pola Bruxa Boa do Norte, a nena diríxese polo Camiño Amarelo ata a Cidade Esmeralda, onde vive o todopoderoso Mago de Oz, que a pode axudar a regresar á súa casa.

Durante esta viaxe, Dorothy faise amiga dun “Espantallo” que desexa un cerebro para pensar,

dun “Home de Folla de lata” que quere un corazón para amar

e dun “León Covarde” que busca a coraxe que lle falta.

 

Así convencidos de que o Mago de Oz

pode axudar a Dorothy a volver a Kansas e a cada un dos seus compañeiros a obter esa virtude que tanto desexan, deciden emprender o camiño ata a Cidade Esmeralda sen saber que ese mago é unha persoa sen poderes extraordinarios.

Queda así reflectido como traballan a imaxinación e a fantasía pola gran aventura nese mundo máxico, a importancia da amizade e de axudarse uns aos outros, o coñecemento persoal e a autoestima facéndolles ver que teñen moitas virtudes no seu interior, o ben contra o mal facendo fincapé na empatía, a xenerosidade e a humildade; o perigo das mentiras xa que aprenderon que as mentiras soamente poden xerar problemas e facernos prisioneiros das nosas palabras, como ao Mago.

Porén estaremos a expectativa das novas que creen con esta magnifica proposta!!

 



blog | by Dr. Radut