Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

DESFILE DE ENTROIDO POLAS RÚAS DE MACEDA

O pasado venres, 1 de marzo, o nenos e nenas xunto cos seus mestres e mestras compartiron coa xente da vila de Maceda a maxia do circo. Leóns, mestras de ceremonia, paiasos, mulleres barbudas, arlequíns, maiorettes, elefantes, magos e mimos fixéronnos voltar aos tempos da nenez. Ademais de contar con numeroso grupo de "Felos" que abrían este desfile. Non vos perdades a reportaxe fotográfica.

QUENTANDO MOTORES ... CONTA ATRÁS PARA O DESFILE DE ENTROIDO

A piques de comezar o gran desfile do Cole de Maceda polas rúas ...que ledicia, que emoción, nervios,  parecemos fedellos, cantas gargalladas...!! Preme na imaxe

XOGOS POPULARES DE ENTROIDO_2019

Na tarde do xoves, os nenos e nenas de todo o cole fixemos un pouco de deporte e e moitas gargalladas nos "xogos populares de entroido".

Corrimos cons pés atados, dentro dun saco, cunha culler na boca tendo conta dun ovo... e para pechar esta xornada, o tradicional xogo de "botar a ola", que a mais dun grupo se lle fixo case imposible non esnaquizar a ola!

ENTROIDO 2019: "O CIRCO DO COLE DE MACEDA"

Este ano o Cole de Maceda convértese nun gran "CIRCO" para o Entroido. Atoparedes todos os números presentes baixo a carpa da maxia. Para ir entrando na temática, ollade este cartaz .

DÍA DE ROSALÍA: "O moucho" (Infantil_ 4 anos)

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Os nenos e nenas de 4 anos elaboraron uns mouchos para documentar o poema "O moucho" desta prolífica escritora galega.

    

INFANTIL VAI AO TEATRO

Os nenos e nenas de Infantil acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para ver unha obra de teatro, "Burbullas de papel". Este espectáculo gañou o Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feria de Teatro de Castilla-León (Ciudad Rodrigo).Esta performance, ausente de palabras, combina danza, música e interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación dos nenos para ir a un mundo fantástico.

VERBAS DE AMOR E AMIZADE

O alumnado de 5º de Primaria coñece a importancia do coidado cotiá das plantas, abofé que sí! Aplicando este simil ao valor da amizade e o amor entre as persoas.

CON MOITO RITMO E UN POUCO DE FLAMENCO

XOGADE: A VOLTAS CO BALONCESTO

O venres, 1 de febreiro, a vila de Maceda foi a anfitriona nunha nova edición de XOGADE (deporte escolar).

Distribuir contido


by Dr. Radut