Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

27 DE MAIO. DÍA NACIONAL DO CELÍACO

O día 27 de Maio celébrase o Día Nacional do Celíaco, unha efeméride impulsada pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE); co obxectivo de informar e concienciar á sociedade sobre a enfermidade celíaca e sobre a realidade e necesidades dos afectados/as e dos seus familiares.

BOTTLES AND JARS

Hi everyone!

Our 4th graders were making beautiful bottles and jars rolling cord, wool and thread. 

It wasn´t easy at all but now you can see their great result.

Click on the pictures to see their works.

AS MASCOTAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

No CEIP de Maceda somos conscientes da importancia de estimular capacidades como a empatía e a responsabilidade. Porén, os nenos e nenas de Educación Infantil adoptaron unhas mascotas moi especiais a través das cales aprenden o respecto polo medio natural que nos rodea.

HOMENAXE AO IDIOMA E A CULTURA GALEGA DO ALUMNADO DE INFANTIL E 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de Primaria inspirandos na acuarela de Leandro Lamas, homenaxe a Castelao, escribiron e recitaron unhas verbas sobre o que pensan, sinten, creen... que é a lingua galega. Non vos perdades o seguinte vídeo: 

UNS SENLLEIROS CONTADORES DE HISTORIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas e o pasado mes do libro, mudou a súas labouras polas de "contadores de historias".

En pequenos grupos, espalláronse polas aulas do cole para dar vida as verbas escritas nos contos que interpretaron. Non vos perdades ningunha destas historias...!! 

A PREHISTORIA, DENDE A VISIÓN DE 4º B

O alumnado de 4ºB de Primaria trasladouse miles de anos no tempo para chegar ao Paleolítico. A cortiza da aula converteuse na rocha dunha gran cova, onde os habitantes do lugar plasman as súas inquedanzas e vivenzas.

Emprengando distintas técnicas (lapbooks, debuxos, cronogramas...) resumiron a vida destes tempos. Este é o resultado:

O CONTACONTOS BENXA EN PRIMARIA

O contacontos Benxa fixo un novo pase de contos para o alumnado de 1º a 4º de Primaria. Voltounos a agasallar co debuxo resultante da exposición dos contos. Mirade que ben o pasamos

 

O MAGO MARTÍN E O CADERNO DE BÍTACORA DE MARCO POLO

O pasado 30 de abril o Mago Martín visitou o cole para ensinarnos o caderno de bitácora de Marco Polo, empregando maxia, a música e a narrativa levounos a terras lonxanas e tempos pasados. Queredes ver un anaquiño desta historia? Ollade o seguinte vídeo.

O CAZO DE LORENZO

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfrutaron dun contacontos moi especial.

O CONTACONTOS BENXA EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil desfrutaron de varios contos por parte do contacontos e debuxante Benxa. Cada conto ía acompañado dun debuxo feito a man nun gran cartaz. Ao rematar todos os contos, Benxa obsequióunos co debuxo final e cunha dedicatoria persoal. Ollade como foi a actividade no seguinte vídeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut