Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

O CAZO DE LORENZO

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfrutaron dun contacontos moi especial.

O CONTACONTOS BENXA EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil desfrutaron de varios contos por parte do contacontos e debuxante Benxa. Cada conto ía acompañado dun debuxo feito a man nun gran cartaz. Ao rematar todos os contos, Benxa obsequióunos co debuxo final e cunha dedicatoria persoal. Ollade como foi a actividade no seguinte vídeo.

 

DE VIAXE POR EUROPA

SEMANA DE EUROPA

Xa que foi a Semana de Europa, os alumnos e alumnas de 6º de primaria fixeron unha profunda investigación sobre varios aspectos de países europeos, entre eles cantos quilómetros hai desde Maceda ata a capital do país escollido...

Botade unha ollada e viaxade coa imaxinación!

 

Podedes premer na imaxe para ver os traballos.

AGASALLO POLO DÍA DA NAI

Os nenos e nenas de 1º de Primaria quixeron agasallar as súas nais cunha manualidade elaborada por eles mesmos. Queredes ver o ben que lles quedou?

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Dende 1926, cada 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro, con motivo da coincidencia da morte de Shakespeare, Cervantes e Garcilaso de la Vega ese mesmo día en 1916. Os nenos e nenas de 6º de Infantil sumáronse a esta celebración facendo uns marcapáxinas empregando a técnica gaudí! Que ben lles quedaron!

XORNAL "9 MESES, 9 MULLERES"

 

PLAN PROXECTA-DONAS DE SI "9 meses, 9 mulleres"

Como xa sabedes, estamos a levar a cabo no centro un proxecto chamado "9 meses, 9 mulleres" que está dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. 

Con este proxecto pretendemos dar visibilidade a mulleres notorias en diferentes ámbitos. 

FELICES PASCUAS

Recordamos que volvemos o Martes día 23 coas pilas ben cargadas.

EASTER EGG HUNT

Easter egg hunt with little 4 years old bunnies

 

SAÍDA DE 1º E 2º DE PRIMARIA A OURENSE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria foron ao Auditorio de Ourense para disfrutar do novo espectáculo teatro-musical de "Mamá Cabra", chamado "Eu cociño, ti cociñas?".  A través desta obra aprenden a comer mellor e un pouco mais saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut