Secretaria

Convocatoria de axudas para libros e material escolar.

Como cada ano xa está aquí a convocatoria única para acceder ás axudas para a compra de libros de texto de 1º e 2º de primaria, ou ben para acceder ao fondo solidario de libros de 3º e 4º de primaria, ou tamén e por último para a adquisición de material escolar, todo de cara ao curso 2018-19. A solicitude é única para todo e támén é unica para os irmáns escolarizados no mesmo centro. A información detallada a tedes na circular entregada ao alumnado. Este ano, a novidade principal é a presentación e entrega telemática da solicitude a traves de Fondolibros ou a Chave 365 de Galicia. Se alguén non é capaz de facelo telemáticamente, pode tamén presentar a solicitude e documentación na secretaría do Colexio. O prazo remata o venres 22 de xuño.       (o alumnado de 3ºEP do vindeiro curso recibirá os libros en préstamo do banco de libros Cole-Xunta)

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

FONDOLIBROS

CHAVE 365

Listaxes provisionais do proceso de admisión de alumnado 2018-19.

 

O prazo de reclamacións termina o 30 de abril. As listaxes definitivas publicarémolas o 14 de maio.

Saídas no segundo trimestre

Iniciamos este 2º trimestre que terminará o 23 de marzo coa entrega dos boletíns correspondentes. De momento, xa podedes consultar as actividades complementarias que xa están confirmadas, facendop clic no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/taxonomy/term/17

Calendario de reunións

Presentamos os días e horario destas reunión. Observade que houbo un intercambio de horas o día 25 entre 4 e 5 anos e 5º e 6º de primaria, con relación ao que figura na circular de inicio de curso.

 

18 de setembro -16 h. - 3 anos e 1ºEP

18 de setembro -17 h -  3ºEP e 4ºEP

25 de setembro -16 h. - 5ºEP e 6ºEP

25 de setembro -17 h. - 2ºEP

25 de setembro -18 h.  - 4 anos e 5 anos

 

Empezan as clases do curso 2017-18

Este luns 11 de setembro iniciamos as clases do presente curso no horario habitual de 9 a 14h. ünicamente o alumnado de 3 anos terá un horario reducido para dar cumprimento ao periodo de adaptación, que durará dúas semanas.

Comezan tamén os servizos de madrugadores e comedor. 

En canto as actividades extraescolares, durante este mes de setembro, funcionará exclusivamente a proposta lúdica do Concello de conciliación, CÓXEGAS, cun horario entre as 16 e as 18h de luns a venres. A partir de outubro iniciaremos o resto das actividades.

 

Curso 2017-2018

Benvidos!!. Tras o descanso do verán, xa estamos preparando o inicio do curso. O día 1, venres informaremos nesta web dos novos titores e titoras. Estade atentos tamén, porque publicaremos as listaxes de material e os días e horas de entrega para infantil e 1º e 2º. Tamén outras novas, como o calendario, reunións cos titores, etc, as colgaremos neste espazo web. Tamén lembramos que as clases darán comezo o luns 11 de setembro ás 9h.

Dende o Equipo Directivo desexamos a todos-as un feliz curso.

Listaxes definitivas de Fondolibros

OS LIBROS DE 4ºEP, ENTREGARÉMOLOS A CADA RESPONSABLE DO/A BENEFICIARIO/A O 6 DE SETEMBRO NA SECRETARÍA.

AVISO: O LIBRO DE INGLÉS QUE ENTREGAREMOS AOS BENEFICIARIOS DE FONDOLIBROS É O QUE FIGURA NA LISTAXE OFICIAL DE LIBROS DO CENTRO. O ISBN QUE FIGURA NA LISTAXE DE FONDOLIBROS NON É CORRECTO.

TODO O ALUMNADO DE 3ºEP RECIBIRÁ OS LIBROS EN PRÉSTAMO O DÍA 11 DE SETEMBRO NAS AULAS. ÚNICAMENTE HAI QUE COMPRAR O ACTIVITY BOOK.

Axudas para libros de texto e material escolar:17/18

A Consellería de Educación ven de convocar as axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado que cursará 1º e 2º de primaria. Na mesma convocatoria, e utilizando a mesma solicitude, tamén se accede ás axudas para comprar material escolar para calquera dos cursos de primaria, así como para optar ao Fondolibros (banco de libros solidario para o alumnado que curse 3º e 4º de primaria o vindeiro curso).

O alumnado de 5º e 6º de primaria utilizará un ano máis libros dixitáis dentro do proxecto Edixgal (gratuito para todos).

As solicitudes e documentación entréganse na secretaría do Colexio, e o prazo termina o venres 23 de xuño.

 

Powered by Drupal - Design by artinet