Novas

Nova Xunta Directiva da ANPA

O pasado luns 18 de febreiro tivo lugar a reunión anual de socios-as do ANPA na que acordouse a renovación dos membros da Xunta Directiva, quedando coa seguinte estructura:

PRESIDENTA:    ANA PAULA EITOR BANDIN.
SECRETARIA:    NIEVES SAEZ JUEZ.
TESOUREIRA:    VANESA BERGONDO BALSA.
VOCALES:        FRANCISCO JAVIER IGLESIAS SUAREZ.
                      SONIA PORTAS SEXTO.
                      NOELIA MANCEBO PEREIRO
                      Mª GLORIA  RACEDO AÑON.
                      MILAGROS  RIVERA CARBALLO.

Festa de Nadal da ANPA

Un magnífico espectáculo de maxía, a visita de Papa Noel e unha asistencia masiva de espectadores fixeron a velada inolvidable. Felices Festas.

Excursión a Manzaneda do APA

Entre o venres 15 e o domingo 17 de xuño o APA organizou a súa excursión de final de curso nas instalacións de Cabeza de Manzaneda en Ourense. No seguinte vídeo temos unha mostra do ben que o pasaron.

Festa de Nadal 2010

Aquí deixamos unha mostra fotográfica do festival de nadal organizado polo APA no salón de actos o mércores 22 de decembro pola tarde. Ademáis da representación dunha obra de teatro os máis pequenos puideron disfrutar da visita de Papa Noel

Por certo, grazas á nai de Aitor polas fotos.

Votacións ao Consello Escolar

Finalizada a votación, estes foron os votos obtidos polos candidatos: 

  • EITOR BANDÍN, ANA PAULA: 22 votos
  • ESPINOSA VILLANUEVA, ANNA IRENE: 22 votos
  • LIÑARES BARBEITO, XOSÉ LUIS: 31 votos.

O desempate realízouse en favor da nai con maior antiguidade no Centro.

Grazas a tod@s pola vosa participación.

 

Eduardo e Pilar

Coa finalización do curso Eduardo e Pilar deixan o ANPA logo de máis de  9  anos de traballo desinteresado en prol da boa marcha do Centro. Os seus fillos remataron os seus estudos no Colexio o que lles obriga  a deixar o ANPA, pero dende aquí queremos deixar constancia do agradecemento pola súa labor. 

En Cabeza de Manzaneda co ANPA

Como tódolos cursos o ANPA organizou a viaxe a Cabeza de Manzaneda       entre o 14 e o 16 de maio. Comentaron que a experiencia foi novamente un éxito, destacando o  estupendo comportamento dos alumnos participantes o que propiciou unha bonita convivencia entre nenos e nenas de diferentes idades, e todo no entorno de Manzaneda, un lugar que é pura natureza. Facede clic na foto para ver máis imaxes da excursión.

Vídeo da ONG "Mano a Mano"

Como sabedes a comunidade educativa do colexio, a través dunha campaña promovida polo ANPA, colaboramos con esta ONG de traballadores de Iberia para paliar dalgún modo os efectos do terremoto en Haiti. A continuación podedes ver o vídeo elaborado por "Mano a Mano"

 

Circular de benvida

Estimados pais: Como tódolos anos os saudámosvos o comezo do novo curso e dámosvos a benvida a todos os que os incorporades o colexio por primeira vez. Animámosvos a facervos socios (os novos) e a renovar a inscrición (os veteranos). A cuota anual será de 20€  e vos recordamos que o selo supón interesantes vantaxes no prezo das actividades e excursións que organicemos o longo do curso e  outras que iredes vendo. Todo o que facemos e posible porque un grupo de persoas dedicamos unha gran parte do noso tempo libre; por iso pedímosvos, os que poidades, que vos incorporedes para acercarnos o voso graíño de area. Xa podedes pasar polo ANPA para facer as inscricións nas actividades extraescolares. O prazo para comezar o 1 de outubro nas actividades do concello é do 10 o 17 de setembro. Para as actividades do ANPA tedes ata finais de setembro para apuntarvos. Por derradeiro lembrámosvos que o ANPA existe non só para organizar as actividades extraescolares  senón fundamentalmente para representar os intereses dos pais dos alumnos na Comunidade Escolar e fundamentalmente no consello Escolar, que é onde se toman moitas das decisións que afectan o Colexio.Por iso se existen problemas e conflitos no ámbito escolar debedes lembrar que o ANPA e a principal vía para representar os intereses dos pais ante a dirección do centro e as autoridades educativas. O horario do ANPA dende o día 10 de Setembro ata o 30 de setembro será de 17:00 ata 19:00 tódolos días. A partir do 1 de Outubro será de 17:00 ata 19:00 de luns a xoves. Coa esperanza dun curso proveitoso e tranquilo enviámosvos un saúdo.                                                                                                               XUNTA DIRECTIVA   10 de setembro de 2010

Powered by Drupal - Design by artinet