Comedor
Becas Comedor para o curso 22-23
O Concello de A Coruña acaba de abrir o prazo de solicitude destas axudas de cara ao vindeiro curso. Concretamente será entre o 2 e o 31 de marzo, e pódese solicitar en calquera dos rexistros municipais presencialmente ou tamén na sede electrónica do concello. Facendo clic na imaxe accédese ao enlace con toda a información sobre este proceso.
Beneficiarios das becas comedor 20-21
O Concello acaba de publicar as listaxes provisionais de beneficiarios das becas do comedor para o presente curso.
Debido ás restriccións polo COVID a capacidade do comedor está limitada este curso a 50 comensais en cada unha das tres quendas establecidas. Na actualidade hai poucas vacantes, o que supón que todos-as os-as beneficiarios de becas non poderán comer presencialmente. A ANPA e Jardanay estableceron as seguintes solucións que podedes consultar nesta CIRCULAR.
Comedor no Curso 2020/2021
A FINAIS DE AGOSTO PUBLICAREMOS INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE AS NOVIDADES PARA O INICIO DO CURSO.
A DIRECCIÓN
Resolución provisional becas comedor do Concello
Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.
Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos.
Becas comedor 2019-20
Dende o Concello de A Coruña trasládannos toda a información sobre esta convocatoria de becas para o vindeiro curso escolar. O prazo de solicitude é do 22 de abril ao 6 de maio, ámbolos dous días incluídos. Os impresos e solicitudes poderán obterse e tramitarse nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica do Concello. Para ver toda a información detallada desta convocatoria facede clic na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »