Campamentos en Atapuerca
O sábado 3 de xullo regresou o primeiro gupo de novos arqueólogos do Castrillón logo da súa estancia no campamento de Atapuerca, actividade subvencionada pola Fundación Repsol e organizada pola Fundación Atapuerca. O 12 de xullo irán outros 25 alumnos de 5º e 6º que seguro o pasarán estupendamente tal e como nos contou Lucía Mata -6ºB-, no email que a continuación reproducimos.
"Ola!, son Lucía Mata. O campamento que creo que se chama arqueólogos por un día , para que o vou negar estivo xenial.
Pasámolo de medo, os talleres eran interesantes e divertidos, fixemos actividades nocturnas e tivemos moi boas experiencias.
Eu penso que todos repetiríamos.
O único que quero criticar, porque tanto hai que dicir o bo coma o malo, foi a intimidade nas habitacións porque ao mellor estabas vestindote
pola mañá ou poñéndote o pixama pola noite e podias estar espido que eles entraban igual.
Creo que podo engadir unha última cousa éramos Very Important People (VIP) e eso estivo xenial porque vimos moitisisimas máis cousas que a maioría de visitantes.
Poden estar ben animados os outros rapaces xa que o pasamos xenial.
Recordos de LUCIA MATA POSE."
Tamén deixamos o DIARIO DO CAMPAMENTO feito por Irene, e fotografías que podedes ver picando na imaxe.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Diario.pdf | 6.67 KB |