HOXE VISITOUNOS O APALPADOR
Quen é o Apalpador?
Este personaxe é un xigante que vive nas montañas do Courel, na noite do 24 ou 31 de decembro, baixa ás aldeas ou ás vilas para apalpar as barriguiñas dos nenos/as e saber se estaban ben mantidos. Se están ben cheos dicíalles:"Así , así sexa todo o ano". No caso contrario, non lles dicía nada, pero lles deixaba as castañas igual.
Hoxe, 21 de decembro,no CEIP "Juan Fernández Latorre", o alumnado de infantil e 1º de Primaria, recibiron a visita do Apalpador que apalpou a barriguiña duns nenos para ver se estaban ben mantidos. Rematando cun conto que se chamaba "Chivo chivóns".