PROXECTO O CORPO (III) TALLER DOS SENTIDOS E DÍA DA DISCAPACIDADE

Realizamos un taller dos sentidos xunto cos laciños vermellos.

Coñecemos os sentidos e os seus órganos, a partir  do conto “O país dos sentidos”. Logo realizamos outras actividades relacionadas con cada un dos sentidos como adiviñar a procedencia de distintos  sons , probar cousas de distintos sabores ( doce, amargo, salgado…) adiviñar cos ollos pechados de que obxecto se trata  e por último recoñecer cousas de distintas texturas.

Aproveitando que se achegaba o día 3 de decembro “día da discapacidade” quixemos concienciar ao noso alumnado sobre as limitacions sensorias ou motóricas. Na sesión de música, a mestra Sonia ensinounos a linguaxe de signos e na sesión de psicomotricidade, realizamos percorridos con antifacers e cadeira de rodas. Serviunos para reflexionar  sobre a importancia de respetar, valorar e integrar ás persoas con distintas discapacidades e recoñecer o  mérito que teñen ao romper barreiras.

 

Powered by Drupal - Design by artinet