PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS (II)

Seguimos avanzando no proxecto “ O NOSO CORPO ”. Ao largo destas semanas incidimos:

NO CORPO POR FÓRA:

Cal é a diferencia entre nenos e nenas (vulva, pene).

Partes:  cabeza, tronco e extremidades ( silueta en papel contínuo, canción o corpo do grupo Migallas).

  

Observamos e rexistramos a través de gráficas a altura, peso, cor de ollos, cor de pelo e número de calzado. Isto permetiunos traballar de forma divertida os números e a interpretación de gráficas (barras verticais, horizontais, porcións…) 

  

Recoñecemos unidades de medida e de peso (metro, kilo). Experimentamos coas medidas.

NO CORPO POR DENTRO:

ESQUELETO.  Formado por ósos  que nos permiten movernos, sosternos de pé. Coñecemos o nome dalgúns ósos, uns son mais largos que otros, articulacións…todo a través do esqueleto HUESITOS, radiografías, vídeos e libros de consulta.

MÚSCULOS. Sabemos que se estiran e se encollen e  asociámolo ao mundo  do deporte, abdominalES, bíceps…Axúdannos a movernos e producen calor. Averiguamos que o corazón tamén é un musculo e que traballa día e noite.

ÓRGANOS INTERNOS

 

Recoñecemos o  cerebro, corazón, fígado, pulmóns e riñóns a  través de novas aportacións…

 

 Descubrimos como se chaman os tubiños que levan sangue por dentro.

 

Aprendemos que hai dous  pulmóns, que nos permiten respirar e observamos como se inflan e desinflan.

 

Incidimos na importancia dunha alimentación sana e equilibrada .. Clasificamos alimentos sans e perxudiciais para a nosa saúde, repasamos as merendas …

 

Coñecemos un número de emerxencia para poder chamar en caso de que nos atopemos mal ou estemos en perigo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet