EL CUARTITO DE BAÑO
O venres, 13 de novembro, asistimos a representación da obra "EL CUARTITO DE BAÑO" no Forum Metropolitano. A obra contaba a historia de dous homes que entraron no baño dos nenos e nenas porque tiñan moita urxencia e o baño dos homes estaba ocupado. Cando estaban dentro poideron xogar, coma se foran nenos, cos cepillos de dentes xigantes, cos xoguetes que estaban na bañeira , tamén fixeron neve e nubes con escuma de xabón. Remataron de xogar cando unha nena petou na porta porque quería ir ao baño. Estivo moi divertida e pasámolo moi ben. |