Charlas Educasaúde
A partir do luns 23 de outubro e ata decembro, todo o alumnado do Colexio e todas as familias, terán a posibilidade de asistir ás charlas do programa EDUCASAÚDE. Este programa municipal pretende axudar aos centros educativos a transmitir a toda a comunidade educativa a importancia de coñecer e poñer en práctica hábitos de vida saudables, As temáticas das charlas serán médica, social, psicolóxica e afectivo-sexual (para 5º e 6ºEP esta última). O alumnado recibirá as charlas, por parte dos profesionais, no horario lectivo, reforzando así estes contidos presentes no curriculum escolar. As familias poderán asistir ás charlas en horario de tarde, previa convocatoria, e ademáis haberá talleres para que poidades deixar aos vosos fillos-as mentras dura a charla.
Aquí vos deixamos o cadro xeral de horarios desta interesantísima actividade.