Resultados da Avaliación Diagnóstica

Neste mes de novembro recibimos no Centro os resultados obtidos na proba de avaliación diagnóstica feita en maio, polo noso alumnado que actualmente cursan quinto de primaria. O balance final non o podemos calificar de positivo, e nos indican que debemos reforzar o traballo da comprensión oral e a expresión escrita. Tamén indican os resultados a necesidade de avanzar na resolución de problemas. No Colexio xa estamos a traballar na elaboración do Plan de Mellora, para establecer medidas que permitan ao alumnado desenvolver correctamente todas as súas capacidades, e para iso tamén pedimos a colaboración das familias.


A continuación podedes consultar os resultados detallados facendo clic na imaxe.


Powered by Drupal - Design by artinet