Resultados da avaliación diagnóstica 2012
Con moito retraso recibimos os resultados da avaliación diagnóstica realizada en maio de 2012 ao alumnado de cuarto de primaria, que actualmente están xa en quinto curso. Os resultados son discretos e amosan unha debilidade maior nas competencias matemática e social e cidadán, e uns resultados similares á media na competencia linguística. A partir de agora elaboraremos un Plan de Mellora nas tres competencias avaliadas. Nos arquivos adxuntos podemos examinar con detalle os resultados globais do Colexio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
15027241Educacion_primaria_1301171041_4468.pdf | 372.24 KB |
CEIP Juan Fernández Latorre EP 15027241.pdf | 182.05 KB |