Onde estamos
COORDENADAS GPS: 43 20 55.15N, 8 23 52.48W
O CEIP Juan Fernández Latorre está ubicado no concello de A Coruña, atópase situado na ladeira oeste do barrio coruñés do Castrillón, na parte norte do cemiterio de Santa María de Oza e do Centro Cívico Social que bordean a praza de Pablo Iglesias. Ainda que a domiciliación do colexio figura na rúa Casanova de Eirís, a entrada principal está nunha rúa transversal sen nome, a carón da biblioteca municipal Castrillón (Praza Pablo Iglesias).
Nesta parte da cidade existen amplas zonas verdes por ser un barrio en expansión: Boulevard do Oleoducto, parque de Oza, parque de Eirís, Praza de Pablo Iglesias
Nas seguintes fotos comprobaredes a situación do Centro na cidade:
Cidade de A Coruña |
|
Barrio do Castrillón |
|
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE |
|