LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS

Publicadas no taboleiro de anuncios situado á entrada do colexio, as listaxes definitivas das axudas para adquisición de libros de texto, material escolar e o acceso ao Fondo público de libros para o curso 2024-25.

Lembramos que entre o 2 e o 5 de xullo e a partir do 2 de setembro, poderase recoller na secretaría do centro en horario de 9:15h a 13:30h, os vales solicitados para os libros de 1º e 2º e os de compra de material escolar.

MESTRAS E COMPAÑEIRAS, MOITAS GRAZAS!!

Pois aínda que non o pareza, estas catro prezadas mestras de primaria do noso colexio poñen fin a súa etapa profesional coa finalización do presente curso. CONCHI, VIRGINIA, MARINA E SILVIA, sen ningunha dúbida catro fabulosas profesoras e compañeiras ás que botaremos moito de menos a partires de setembro. Desexámosvos que disfrutedes moito, moito, desta nova etapa da vosa vida. GRAZAS!!!

IMPORTANTE: COMEDOR ESCOLAR

Publicouse no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello de A Coruña informaicón sobre a convocatoria de axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso  2024-2025:

  • Listaxe de solicitudes presentadas na convocatoria Beca comedor 24-25.
  • Listaxe de subsanación de documentación da convocatoria 24-24.

O prazo para presentar a documentación que se requira é do 25 de xuño ao 8 de xullo, ámbolos dous inclusive.

Podedes consultar todo nas seguintes ligazóns:

PUBLICACIÓN DE TABOLEIRO SEDE ELECTRÓNICA.

PUBLICACIÓN LISTAXES REQUERIMENTOS SERVIZOS SOCIAIS.

Final de curso 23/24

GRADUACIÓN E DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6ºEP

O venres 21 pola tarde organizamos o emotivo acto de despedida para a promoción 2015-2024. Desfrutamos de fermosas lembranzas en forma de imaxes e tamén discursos do alumnado e profesorado que fixeron saltar algunha bágoa de emoción entre familias, alumnado e profesorado. Dende aquí queremos desexarvos moita sorte!!

 
 
 
 
 
 

ENTREGA PREMIOS CONCURSO "UN LOGO PARA A AFA"

Esta mañá, na que rematou o actual curso escolar, Imma e Eva, Presidenta e Secretaria da AFA do Centro, fixeron entrega ao alumnado finalista e gañador da convocatoria para deseñar un logo para a Asociación de Familias do Alumnado o seu premio: un vale por unhas clases de debuxo e pintura.

Despois de explicar que foi moi difícial elixir tres, porque a calidade dos traballos era moi boa, aínda resultou máis complicado otorgar un primeiro posto. Valoraron moitísimo todos os traballos e agradeceron a alumnado e profesorado a súa implicación.

O resultado foi:

3º Premio: Aitana Vázquez Vila (6º B)

2º Premio: Angelo Flores Farromeque (6ºB)

1º Premio: Ana Rivera Tomé (5º B)

Parabéns a todos e todas quen participastes, moitas felicidades aos finalistas e grazas tamén á AFA pola convocatoria e recoñecemento ao traballo realizado polo alumnado.

 

Entrega premios concurso logo AFA de CEIP Fernández Latorre

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

O alumnado admitido de nova incorporación ao centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Para máis información, fai clic na imaxe.

 

IMPRESO MATRÍCULA

ENQUISA GALEGO

CIRCULAR FIN DE CURSO E MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL E LIBROS DE TEXTO PRIMARIA 2024-2025

Chegando xa ao remate do curso, deixamos aquí as ligazóns para acceder á circular de final de curso e ás listaxes de material de E. Infantil e libros de texto de Primaria para o vindeiro curso.

Lembrade que os ACTIVITY BOOK de 3º e 4º e  os libros de MÚSICA, hai que mercalos, porque son libros nos que se escribe e non poden usarse dun ano para outro.

CIRCULAR FIN DE CURSO

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL E LIBROS DE PRIMARIA

 

Día da Educación Física na rúa

Xa levamos uns cantos anos conmemorando este día en colaboración con outros centros educativos da cidade e a contorna, ademáis da colaboración coa UDC. Este ano tivemos que aprazar pola choiva, pero finalmente o xoves 30 de maio o celebramos en María Pita xogando os 400 alumnos-as a xogos alternativos como "Rosquilla", Twincon e NoqBall. Ao final xuntámonos todos-as para representar o noso logo +EF.

Peregrinos a Santiago

O pasado venres 24 de maio marchamos de peregrinos-as a Santiago e foinos así de ben.

 
 

CEIP Juan Fernández Latorre - A CORUÑA - VEXO VEO XACOBEO 23·24 from Turismo de Galicia on Vimeo.

Powered by Drupal - Design by artinet