Escolares

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021

O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz e da non violencia.

Fixemos unhas pulseiras ou lazos moi chulas, vimos as vídeo montaxes das pombas da paz que decoramos, escoitamos un conto ambientado no noso cole titulado “ O patio triste “ e aprendemos a canción de Magín Blanco “ Todos somos capitáns “ con LSE.
Tamén durante toda a semana fixemos xogos relacionados co tema central deste curso e do pasado: “ Os patios inclusivos “.
Se queredes ver este fermoso conto premede neste enlace:

BO DÍA DA PAZ A TODOS E TODAS!

Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e igualdade.

CONGRESO ESCOLAR "REVITALIZA"

Como ben sabedes, levamos un tempo participando nas actividades do programa REVITALIZA, que organiza a Deputación de Pontevedra. Foito de todas esas participacións en diferentes obradoiros no centro, propuxéronnos participar no Congreso Escolar Revitaliza, que este ano tivo que ser online. Por elo viñeron a entrevistarnos ao cole e saímos e varios momentos deste vídeo, a descubrir eses momentos!!! (Dámosvos dúas pistas... no minuto 45, no 65... e nalgún máis, atoparedes algúns instantes)


 https://revitaliza.depo.gal/

VISITA DOS REIS MAGOS

Por mor da pandemia, este ano tivemos unha visita dos Reis Magos VIRTUAL, aquí vos deixamos a súa mensaxe; estámoslles moi agradecidos polo seu esforzo e entusiasmo por chegar a todos os lugares e escoitar as nosas peticións.

FELICES FESTAS

Chegamos ao derradeiro día deste trimestre... e queremos desexarvos unhas boas festas e un ano 2021 cheíño de saúde e de cousas boas para todos e todas!

GAÑADORES E GAÑADORAS CONCURSO POSTAIS DO NADAL

Xa temos gañadores e gañadoras do CONCURSO DE POSTAIS!
Son:
Ed. Infantil: Daniela de 5 anos A
1º e 2º: Manuel de 1ºA
3º e 4º: Cristina de 3ºC
5º e 6º: Jimena de 6ºC
Profes: Bibi
Gañadora absoluta: Alba de 5ºC
Un forte aplauso para eles!
Aquí están felices posando coas súas marabillosas postais de Nadal e cos seus premios. PARABÉNS!
O equipo de Biblioteca tamén quere facervos unhas recomendacións lectoras para o Nadal (tédelas como imaxes adxuntas)
Esta actividade organizouse polos equipos de Biblioteca e de Actividades Complementarias.
gañadores concurso postais nadal  

CALENDARIO 2021

Xa chega o final deste ano 2020! E traemos o calendario 2021 listo para descargar cos debuxos dos nosos/as alumnos/as e dedicado un ano máis aos Patios Inclusivos.
Desexámosvos un 2021 con moita saúde e felicidade!
Actividade organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega
Aquí o enlace:
Calendario 2021

The Solar System

Os nosos alumnos e alumnas de 4º na materia de Plástica bilingüe fixeron unha magnífica exposición:
"The Solar System"
Un aplauso enorme!

REVITALIZA - ACTIVIDADES SOBRE COMPOSTAXE

Nestas semanas estamos levando a cabo actividades de respecto pola natureza, organizadas pola Deputación de Pontevedra dende o programa REVITALIZA; e a axuda con Concello de Ponteareas.

Instalamos un composteiro, déronnos unha charla sobra a súa montaxe, charlas de microcompostaxe, xogo da miñoca... aquí unha pequena mostra dalgunhas actividades.

 https://revitaliza.depo.gal/

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

O MAGOSTÍN

VELAQUÍ ESTÁ!
XA CHEGOU O SAN MAGOSTÍN!
Que non sabedes que é?!?!
Este curso no noso cole fixemos unha mestura de todas as festas de outono.
O/As neno/as fixeron uns traballos de Plástica preciosos pero no medio coáronse fotos que nada teñen que ver co noso Magostín
Seredes quen de atopar os intrusos?
Comezamos con Ed. Infantil:
 
Quenda agora de 1º e 2º:
 
Agora 3º e 4º:
 
Por último, 5º e 6º:
 
Distribuir contido