Escolares
SAÍDA 2ºEP - CAMIÑO DE SANTIAGO
ULTREIA!
O venres 2 de xuño, mentres no cole Infantil e 1º curso se divertían na Convivencia inspirada no Camiño de Santiago, os nenos e nenas de 2º tiveron o privilexio de poñer o broche final ao proxecto de centro deste curso cun reto moi difícil: facer o último tramo do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Foron recibirnos uns peregrinos mois especiais que coas súas cancións nos sinalaron o comezo do tramo dende onde percibíamos, cunha vista fermosísima e moi de lonxe, a Catedral.
Durante o tramo coincidíamos con peregrinos e peregrinas de todas as idades e nacionalidades cos que nos desexabamos mutuamente "bo camiño!", moitos deles saían a aplaudirnos e ata os vehículos nos pitaban! Isto nos daba pulo e ledicia nos nosos pasos. Non o esqueceremos endexamais!
Como tampouco esqueceremos o intre no que chegamos por fin á Praza do Obradoiro e alí sentados puidemos admirar a inmensidade e fermosura da Catedral de Santiago.
ULTREIA!
@vexoveoxacobeo #vexoveoxacobeo #camiñodesantiago #ultreia #bocamiño
OBRADOIRO ALFOMBRISTA
XA ARRECENDE A CORPUS!
Chegou ese intre do ano no que todo Ponteareas se pon mans á obra, e os nosos alumnos e alumnas de 5° e 6° tamén cun obradoiro no que aprenderon a técnica coa que se fan as nosas famosas alfombras.
#corpusponteareas2023 #arteefímera #alfombrasfloraisponteareas
OBRADOIRO DE IGUALDADE
Hoxe rematou o obradoiro de Igualdade impartido en 3°, 4°, 5° e 6° por Eugenia Urceira e organizado polo concello de Ponteareas.
O obxectivo deste obradoiro é previr e detectar calquera problema emocional, de conduta, etc...que poida xurdir ao longo de cada etapa da vida en materia de igualdade de xénero, identidade, violencia de xénero...
Antes de participar no obradoiro, o alumnado tivo que facer unha enquisa para poder partir dos datos recollidos.
As escolas deben ser lugares onde non só se traballen contidos educativos.
É imprescindíbel o benestar emocional das persoas que conforman a nosa comunidade educativa.
#igualdadedexénero #prevenciónviolenciadexénero #identidade
O XOGO DA MIÑOCA
Onte o alumnado de 1° e hoxe o de 2° participou nun xogo cooperativo no que se achegan aos primeiros conceptos sobre os residuos e a compostaxe dunha forma lúdica.
O Xogo da Miñoca é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra.
#planrevitaliza #xogodamiñoca #compostaxe #reciclaxe
DÍA DA FAMILIA
DÍA DA FAMILIA
O pasado luns 15 celebrouse o Día da Familia.
É un día para agradecer a sorte de vivir nunha familia e aprender e respectar a diversidade familiar.
Graciñas a @mansdeouro por escribir o conto "Os meus incribles veciños" e por compartir con nós a súa casiña coa que tanto nos divertimos aprendendo.
LETRAS GALEGAS 2023
BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Un curso máis celebramos este día con moitas actividades:
Levamos xa un tempo traballando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego con fichas e este ano tamén cos Mbots na hora de polos creativos. O luns tivemos a sorte de gozar dun concerto de @sergiotannus.musico e Marta Bravo que nos fixeron bailar e cantar, e o martes fixemos unha carreira pola lingua organizada polos mestres de E.F., Conrado e Jose Ángel para a que tivemos que facer os nosos dorsais decorándoos coa nosa palabra galega favorita. Despois ao chegar á meta, poidemos renovar forzas con froita e auga fresquiña!
VIVA O GALEGO!
#poloscreativos #seminariogalan #amestracris #sergiotannus #letrasgalegas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego
GALICIENCIA 2023
Así foi a visita do noso club de ciencia NATURIÑA a #galiciencia2023 o pasado venres en Ourense.
Acompañad@s polos mestr@s Susana, Marga e Borja, os nenos e nenas pasaron unha xornada xenial aprendendo con outros escolares sobre ciencia e amosando os XOGOS TRADICIONAIS ROBOTIZADOS ao resto dos participantes.
#poloscreativos #galiciencia #mbot
POLOS CREATIVOS
Neste último mes probamos 2 novos xogos: Magsmarters e os Mbots
Co Magsmarters podemos explorar e experimentar creando diferentes figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cuadriláteros. Séntese a forza do magnetismo e favorece á creatividade.
Mbot Bluetooth é un kit STEAM de robótica ideal para que os nen@s se inicien na robótica, programación e Scratch. Neste xogamos ao 3 en raia con eles.
Canto nos divertimos aprendendo!
CORRELINGUA 2023
NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!
Botamos a lingua fóra para reivindicar o galego co #Correlingua!
Xa temos todo preparado para a festa de hoxe en Ponteareas!
O encargado de presentala será Fran Rey e a música poñerana Mekanika Rolling Band!
FEIRA DO LIBRO 2023
Esta semana estivemos a celebrar a FEIRA DO LIBRO que organizamos con motivo do Día do Libro do pasado domingo 23 de abril. Os alumnos estiveron a intercambiar os libros que trouxeron das súas casas durante toda a semana e marcharon moi contentos coas novas adquisicións.
Para clausurar este evento, algúns profes do Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas viñeron ofrecernos un recital de música clásica e faláronnos un pouquiño sobre os instrumentos e as pezas que tocaron. Unha alumna de 2º, Sabela, que tamén é alumna de frauta no conservatorio, xuntouse a eles para tocar unha peza.
Noraboa Sabela!
E moitas grazas aos profes do conservatorio!
Música e lectura sempre é unha boa combinación!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »