Escolares

8M - DÍA DA MULLER 2022

Hoxe é o día internacional da MULLER  

Data na que se celebran os logros acadados na loita pola igualdade. Bo día para todas!

ENTROIDO 2022

BO MARTES DE ENTROIDO!

Así vivimos nós a semana de Entroido: obedecemos as ordes do Meco extraterrestre, pintamos 2 murais xigantes con motivos do universo e para finalizar, o venres co noso disfrace fixemos o desfile e a chocolatada!
FESTA RACHADA!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

DÍA DE ROSALÍA - CALDO DE GLORIA

O pasado 23 de febreiro, Día de Rosalía, os nenos e nenas que quedan no comedor puideron comer o CALDO DE GLORIA.

Marga, a encargada do comedor do cole, e Dimitri, o noso cociñeiro, amósannos como se fai este caldo tradicional.
Estaba boísimo!

DÍA DE ROSALÍA 2022

No noso cole temos uns verdadeiros artistas!
Mirade que traballos máis bonitos fixeron con distintas técnicas sobre o rostro da nosa escritora máis universal...
Tamén aprendemos moito sobre a súa vida e obra como podedes ver.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca.

APADRIÑAMENTO DE PINGÜÍNS

Apadriñamento de pingüíns na XXXV Campaña Antártica

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Así investigamos no cole ás mulleres científicas no Día internacional da muller e a nena na ciencia.

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2022

Festexamos o venres 28 este día tan especial elaborando un colgante que decoramos e no que escribimos frases a prol da Paz e dos Hábitos Saudables que será o tema central das actividades deste curso. Tamén bailamos e cantamos coa voz e co LSE a canción "De festa" todos á vez, nenos e nenas, mestres e mestras, antes de ir ao recreo. No recreo puxemos música variada sobre a Paz. Aínda que as actividades comúns tiveron que ser anuladas por precaución debido á situación Covid, traballamos durante a semana cos titores na aula este tema de varias maneiras!!!

Porque non queremos guerras nin violencia!
E como di a canción: "berramos coma toliños" que QUEREMOS A PAZ!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.

PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA

Bo día! Onte domingo, no Faro de Vigo, falaron do noso premio en boas prácticas de inclusión.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/01/30/patio-colegio-caras-tristes 

Tamén nos chegaron nestes días un Diploma de Solidariedade da man de Global Humanitaria e Mariola Solidaria, pola recollida de roupa do pasado mes de novembro e outro Diploma en recoñecemento ao noso destacado traballo en prol do recordo e divulgación da vida e obra de Xela Arias na Semana das Letras Galegas 2021, da man da Real Academia Galega a través da súa iniciativa "Primavera das Letras".
❤Grazas❤ a tod@s: alumn@s, mestr@s, nais e pais e tod@s @s traballador@s do cole! O traballo en equipo sempre dá bos resultados!
Faro de Vigo    Diploma Solidaria    Diploma 2

NADAL 2021

O martes 21 foi un día moi especial para o nosos nenos e nenas xa que puideron saudar ás S.S.M.M. Reis Magos de Oriente e depositar as cartas no buzón real.
Para rematar a xornada de festa poidemos gozar da increíble orquestra do I.E.S. Pedra da Auga que nos deron un concerto moi divertido e na que poidemos ver a algúns exalumnos!
Moitas grazas a eles e elas e á súa profe Paula.
Dende toda a Comunidade educativa do CEIP plurilingüe Nosa Sra dos Remedios queremos desexarvos unhas boas festas e un bo ano 2022 que veña con moita saúde e paz para todos. 
 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Entregáronse os agasallos aos gañadores e gañadoras do concurso de postais de Nadal 2021-2022

Houbo moita participación e de moita calidade, non foi doado elixir! Noraboa

Moitas grazas a todos por participar!

Esta actividade estivo organizada polos equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega.

 
Distribuir contido