Escolares
A CÁPSULA DO TEMPO
Hoxe queremos ensinarvos como resultou o proxecto de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza no que traballaron este trimestre os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Todo comezou aló por outubro co soterramento da cápsula do tempo. Lembrades?
O primeiro que fixemos foi coñecer a historia da nosa vila para valorala e respectala coas charlas que nos deron na Biblioteca Municipal.
Despois centrámonos en dúas etapas da Historia: A Prehistoria e a Idade Antiga (cos grandes imperios da época: Roma, Grecia e Exipto). Tamén traballamos os inventos e como foron evolucionando co paso do tempo.
Para iso, fomos ao Parque Arqueolóxico de arte rupestre CAMPO LAMEIRO e, ademais de gozar dos petróglifos e da marabilla do parque natural, fixemos un obradoiro dun dos grandes inventos desa etapa, a olaría.
Todo o que íamos aprendendo na aula o fomos transformando nunha magnífica exposición nos corredores do cole para que os demais compañeiros e compañeiras puideran visitala e aprender uns dos outros.
Fixémolo dun xeito globalizado, é dicir:
Traballamos as linguas coas lendas, cos distintos alfabetos, xeroglíficos...
As matemáticas estiveron presentes cos números romanos e gregos, a arquitectura dos edificios, retos e problemas matemáticos...
A plástica e a música tamén se traballou xa que tivemos que pintar, recortar, modelar, aprender como facían música naqueles tempos...
Os valores tocáronse xa que tivemos que traballar en equipo, aprendemos a respectar as distintas culturas, a respectar os restos históricos...
Cremos nunha metodoloxía que vai máis aló dos libros de texto e de memorizar uns contidos para aprobar un examen e esquecer tres días despois. Cremos que os proxectos axudan á motivación e que espertan a curiosidade, e que todo iso fai que a aprendizaxe sexa significativa e por suposto, inclusiva.
Porque aprender pode ser moi divertido!
MAGOSTÍN
Onte celebramos o Magostín no cole e pasámolo terroríficamente ben!
Grazas, familias, pola vosa colaboración!
Que pasedes unha boa ponte!
*MAGOSTÍN= Magosto e Halloween nunha mesma festa
CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADOS
Moitas grazas, familias!
"Unha carta, un sorriso" por La Palma
En varias aulas do noso cole os alumnos uníronse a esta iniciativa xa que o tema do volcán e as desgrazas que está traendo para os palmeros están moi presentes nos pensamentos dos nosos pequenos e pequenas. Un xesto de empatía e vontade de axuda que é moi importante desenrolar.
Moitas grazas!
Proxecto "A cápsula do tempo"
O venres pasado, 8 de outubro, tivo lugar a cerimonia de soterramento da cápsula do tempo coa que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º dan comezo ao proxecto de ciencias do 1º trimestre.
Cada curso elaborou unha carta na que imaxinaron como será o futuro cando cheguen a 6º de Ed. Primaria. Fixeron compromisos de esforzarse en mellorar como estudantes e de coidar o medio ambiente e escribiron desexos que, cando chegue a graduación da súa etapa de Primaria, poderán, por fin, volver ver e comprobar se todo o que imaxinaron e prometeron se fixo realidade.
Durante este trimestre, estes cursos traballaremos conxuntamente "o paso do tempo" cun proxecto común pero adaptado a cada nivel. Trataremos temas como o paso do tempo nas persoas, nos obxectos, o calendario, o reloxo, os inventos, as etapas da Historia...e faremos saídas extraescolares relacionadas co tema.
Tamén faremos exposicións para que poidamos aprender moito uns dos outros. Vai ser mooooooooi divertido!
CONCURSO DESEÑA O TEU PATIO
CONCURSO : DESEÑA O TEU PATIO
Xa temos gañador@s!
*Ed. Infantil: Antonio de 3 anos B
*1º, 2º e 3º: Noa de 1ºA
*4º, 5º e 6º: Xián de 4ºB
Noraboa!
Queremos dar as grazas a tod@s @s que participastes!
As vosas ideas están todas anotadas e teremos conta delas!
DÍA DO ACOLLEMENTO FAMILIAR
O pasado 31 de maio celebrouse o Día Mundial do Acollemento Familiar.
Unímonos á iniciativa #worldfosterday co obxectivo de crear conciencia sobre os máis de 23.000 nenos, nenas e adolescentes que medran en centros residenciais e promover o acollemento familiar.
MAGO EN INFANTIL
Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil gozaron da actuación dun MAGO !
Alucinaron cos seus trucos e pasaron unha xornada fenomenal!
LETRAS GALEGAS 2021
Este curso para celebrar as Letras Galegas 2021 dedicadas a Xela Arias fixémolo hoxe cun concerto de rock da man de Pakolas
Tocou todos os seus grandes éxitos: O rock da roda rota, Manolo Cavernario, Betume e vendas, Ri, salta, ri, corre...
Foi moi divertido e bailamos e cantamos sen parar!
Preme aquí:
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.
ANIMACIÓN Á LECTURA
Estes días estase levando a cabo no cole unha actividade de animación á lectura que está a ser un éxito.
Aos nenos e nenas lles gusta moito ler polo micro para os seus compañeiros.
Bravo! Sodes uns grandes lectores!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »