Novas do Colexio
Benvidos ao noso cole
CEIP Plurilingüe As Veigas
1969-2019 50 anos formando para o futuro
Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS
Telf.: 886 110 532
Fax: 886 110 538
Correo: ceip.asveigas@edu.xunta.gal
FESTA COMEZO DE CURSO #COMELOCAL
O noso cole, representado polo noso director José Ángel Penas, foi un dos participantes na Festa de Comezo de Curso do programa #comelocal. Foi toda unha oportunidade para gozar dun día cheo de actividades e descubrir o mellor da nosa gastronomía e da nosa #artesaniaalimentaria de Galicia que contou coa presenza do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (#agacal), Martín Alemparte; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e a campioa olímpica Teri Portela.
Como premio final da campaña entregáronnos unha tablet coa que poder realizar os menús dun xeito máis sinxelo, equilibrado e con recursos moi interesantes.
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2024/25
No seguinte enlace podedes consultar as programacións didácticas das diferentes materias e niveis: https://www.edu.xunta.gal/proens/
INICIO DO CURSO 2024-2025
Primeiro día superado con moita ilusión e moitas ganas de vivir unha nova aventura!
AULA MATINAL 2024/25
Dende o venres 28 de xuño está dispoñible na web do Concello (https://portal.ponteareas.gal/documento/conciliacion-aula-matinal-24-25/) a inscrición para a aula matinal do próximo curso 24-25.
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
Hoxe, 24 de xaneiro, conmemórase o día Internacional da Educación e para elo quixemos recompilar o que significa para vós este concepto, que tan importante é no noso día a día.
Grazas a todas e todos!
O Equipo de Biblioteca
#díainternacionaldelaeducación
#bibliotecaspublicas
#bibliotecasescolaresdegalicia
#abibliodexela
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Martes 20 de febreiro ás 17:00h
Mércores 21 de febreiro ás 12:45h
Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!
Agradecemos que confirmedes a vosa asistencia enviando un correo a: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
Se alguén quedou sen visitarnos, pode solicitar información no 886110532