INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "XELA ARIAS" no Día das Bibliotecas
Comezamos o día 24, Día das Bibliotecas, presentando as novas instalacións aos nos@s alumn@s onde puideron lembrar como era a biblioteca antes e ver como é agora despois da ampliación do espazo e a reforma. Tamén se lles informou das normas e de como temos que coidala para que tod@s poidamos gozar dela.
Ao acto de presentación acudiron o Xefe Territorial de Educación e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que trouxo uns agasallos para a nosa biblioteca. Tamén estiveron presentes a alcaldesa de Ponteareas e o concelleiro de Educación. Por outra banda, asistiron representantes do CRA "A Picaraña", representantes de FANPO e da Anpa O Loureiro Ponteareas quen donou un conto á Biblioteca e aos que lles damos as grazas!
Pola tarde invitamos a tod@s os pais e nais a vir visitala e que puidesen comprobar o bo traballo feito polo noso equipo de Biblioteca, coa coordinadora, a mestra Diana, á cabeza e en colaboración co equipo directivo, aos que queremos felicitar polo bo traballo!
GRAZAS A TOD@S