Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

20N - DÍA DA INFANCIA

Feliz día da infancia! Lembremos que todos os nenos e nenas do mundo teñen uns dereitos que se deben respectar!
#somosinfancia #unicef #unicef_es #semanacoainfancia #díadosdereitosdainfancia

SAÍDA 5ºEP - ME GUSTA MI RÍO

Por fin os alumno@s de 5° de E.P. fixeron a súa primeira visita ao río Tea para investigar sobre a calidade das súas augas, a depuración e a biodiversidade da súa contorna no proxecto de Educación Ambiental da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Aprenderon moitísimo e quedaron encantad@s!
@megustamirio  #confederacionhidrograficamiñosil #educaciónambiental

CHALECOS LARANXAS

Xa está todo listo para comezar de novo cos "Chalecos laranxas". Axiña poderedes velos no patio. Están para escoitarte se precisas axuda!

LAPBOOKS 2ºEP METEREOLOXÍA

Hoxe presentámosvos o que estivemos a estudar en 2° estes días.
Investigamos a atmosfera e a hidrosfera do noso planeta. Fixemos un experimento sobre o ciclo da auga en bolsas herméticas e fomos meteorólog@s rexistrando o tempo atmosférico grazas á nosa estación meteorolóxica. Logo fixemos estes lapbooks para poder organizar todo o que aprendimos moi ben. Bravo!

VISITA DO PINTOR SIMÓN MUÑOZ

Hoxe visitounos o pintor galego @simon_draw ao que lle dedicamos este trimestre en Plástica Plurilingüe.

En días anteriores á visita fixemos un retrato clásico, unha das disciplinas nas que destaca Simón. Con el aprenderon algunhas técnicas de debuxo para que o retrato nos quede aínda mellor!
Ademais Simón tamén é especialista en manga e ata foi a Xapón a aprender cos mellores debuxantes.
Quedamos encantad@s coa súa visita e fixémoslle un agasallo pola clase de debuxo que nos regalou.
Moitas grazas!
Grazas tamén á @abibliode_xela por cedernos o espazo para facer a actividade

DEPORTE ESCOLAR - CROSS GULÁNS

Onte o alumnado de 6° de EP e hoxe o de 4° estiveron participando nunha actividade de cross pertencente ao Deporte Escolar Xogade. Levouse a cabo nas instalacións da Casa Cultural de Guláns.
Seguimos educando no deporte e nos hábitos saudables como modo de vida para medrar fortes e sans
Bravo por el@s!

LAPBOOKS 3ºEP

Os nenos e nenas de 3° amósannos os seus lapbooks do espazo! Así é máis doado e divertido estudar!

MAGOSTÍN

Así foi un curso máis a nosa festa do Magostín

MAGOSTÍN

Mañá celebraremos a festa do Magostín 
Estes días estivemos investigando e traballando estas celebracións galegas de orixe celta nas aulas, e este foi o escalofriante resultado!
Tamén en plástica plurilingüe aprendemos sobre Halloween e fixemos arte terroríficamente divertido!
#samaín #halloween #magostín #magosto #artshalloween #artsandcrafts

CONCURSO DE CABAZAS

Mirade as cabazas que decoran os nosos corredores! Xa temos todo preparado para festexar o Magostín!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración

Distribuir contido