Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical
SAÍDA 1ºEP - CENTRO ACOUGO
Hoxe amosámosvos o ben que o pasaron os nen@s de 1º na súa saída do martes a Centro Acougo.
Desfrutaron dun día en plena natureza onde fixeron moitas actividades. Montaron en barca no lago do crocodilo, viron o refuxio dos duendes, construíron cabanas, deron de comer aos animais. descubriron as casiñas das fadas... un día marabilloso e inesquecible!
SAÍDA 5 ANOS - APÍPOLIS
Tamén hoxe os nen@s de 5 anos visitaron Apípolis e aprenderon un montón sobre o fascinante mundo das abellas, probaron o mel, fixeron unha candea, e ata vestiron como apicultores.
SAÍDA 3 ANOS - INDIANABILL
E hoxe foi o truno dos máis pequerrechos do cole, que foron a IndianaBill e o pasaron fenomenal.
DÍA MUNDIAL DO ACOLLEMENTO FAMILIAR
O acollemento familiar ten que ser unha realidade coñecida, unha opción a valorar dentro dunha sociedade xusta e implicada, que pon o foco na nosa infancia e adolescencia, no noso futuro.
Neste día difundimos o acollemento familiar e facémolo visible con este xesto.
Anímaste?
#acougo.gal
SAÍDA 6ºEP - A CORUÑA
Nesta ocasión amosámosvos a saída dos maiores do cole. Os mozos e mozas de 6º foron á Coruña. Alí visitaron tres museos: O Domus, A Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. Cada un deles profundiza nun ámbito das ciencias diferente.
A Casa das Ciencias na física, astronomía e medios de comunicación. O Domus na evolución da humanidade e a súa historia. O Aquarium Finisterrae na vida mariña.
Pasaron un día xenial que nunca esquecerán.
PROXECTO ESCÓITOTE!
Dende hoxe temos en marcha nos recreos o proxecto Escóitote!
Escoitote! está pensado para dar voz a aqueles nen@s que teñan algún problema ou inquedanza e precisen de alguén de confianza que @s escoite e lles axude a resolvelo. Para iso alumn@s voluntari@s tiveron que facer unha formación durante varias xornadas. Agora xa están preparad@s!
Moitas grazas polo voso traballo!
CLUB DE PIRAGÜISMO TEA
Hoxe visitánronnos dende o Club de piragüismo Tea de Mondariz para darnos unha charla sobre este deporte olímpico e animarnos a practicalo.
CLUB DE CIENCIA NATURIÑA NA RÚA
O alumnado do noso Club de ciencia Naturiña estiveron nas rúas de Ponteareas na tarde do pasado venres amosando algúns dos seus experimentos, incluído o que presentaron na pasada edición de Galiciencia, "Afundirase"?
Que divertido e que ben o fixeron!
CARREIRA POLA LINGUA
Onte por fin puidemos celebrar a CARREIRA POLA LINGUA!
SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA
Os seguintes en ir de excrusión foron os nen@s de 3º
Foron ao centro educativo e de rescate de fauna Coraxfauna e alí viron animais de distintas especies e puideron participar en actividades destinadas a fomentar a curiosidade e o amor pola natureza.
Para rematar a viaxe foron ata Santiago de Compostela. Que ben o pasaron!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »