Animación á lectura

INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "XELA ARIAS" no Día das Bibliotecas

Comezamos o día 24, Día das Bibliotecas, presentando as novas instalacións aos nos@s alumn@s onde puideron lembrar como era a biblioteca antes e ver como é agora despois da ampliación do espazo e a reforma. Tamén se lles informou das normas e de como temos que coidala para que tod@s poidamos gozar dela.
Ao acto de presentación acudiron o Xefe Territorial de Educación e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que trouxo uns agasallos para a nosa biblioteca. Tamén estiveron presentes a alcaldesa de Ponteareas e o concelleiro de Educación. Por outra banda, asistiron representantes do CRA "A Picaraña", representantes de FANPO e da Anpa O Loureiro Ponteareas quen donou un conto á Biblioteca e aos que lles damos as grazas! 
Pola tarde invitamos a tod@s os pais e nais a vir visitala e que puidesen comprobar o bo traballo feito polo noso equipo de Biblioteca, coa coordinadora, a mestra Diana, á cabeza e en colaboración co equipo directivo, aos que queremos felicitar polo bo traballo! 
GRAZAS A TOD@S 

BIBLIOTECA CREATIVA

Como remate a este curso mostramos o traballo realizado dentro do programa de Bibliotecas Creativas. Un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria que recolle as normas de uso e o funcionamento da mesma. E vós, coñecedes a biblio do cole?

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte celebramos no cole o 8M e tinguimos o cole de lila! 
Levamos traballando a figura da muller dende o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia.
Aquí podedes ver como se traballou nos distintos niveis.
Hoxe culminamos coa visita da avogada e escritora Isabel Blanco, invitada polo club de lectura dos cursos 5º e 6º de Ed. Primaria.
Todo un luxo!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

Hoxe, 24 de outubro, é o día das bibliotecas, e dende o equipo de biblioteca queremos convidarvos a que animedes aos nenos e nenas a visitar a do noso cole. No seguinte tríptico amósase un resumo do traballo que realizamos a través da biblioteca escolar.

   

O lema deste ano é "BiblioTEcuida", centrandose en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. 

A biblioteca está aberta a todo o alumnado e familias; é un piar fundamental ao servizo da comunidade educativa. 

Anímate e visita a nosa!!

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

CONCURSO BOOKFACE

Os premiados/as no concurso do BOOKFACE foron: 

3 anos A: Mara
4 anos B: Daniela
5 anos A: Héctor
5 anos B: Izan
1ºA: Iago
1ºB: Antía
1ºC: Gabriela
2ºA: Carlos
2ºB: Laura
3ºA: Sabela
3ºB: Noa
3ºC: Xes
4ºA: Noa
4ºB: Brais
4ºC: Cristina
5ºA: Braiam
5ºB: Noa
6ºA: Adrián
6ºB: Laura
6ºC: Hugo e Iker
NORABOA!!!!! 
Moitas grazas por participar a todos e todas!!
Todas as fotos foron xeniais e estivo moi difícil escoller a gañadora de cada aula.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca.
 Mamá Cabra, "Tan só con leres un libro"

SEMANA DO LIBRO 2021

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.

Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.

O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.

Foi unha semana moi divertida!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:

Recomendacións lectoras 3 a 7 anos Recomendacións lectoras 7 a 9 anos Recomendacións lectoras a partir 10 anos

3 a 7 anos                        7 a 9 anos                          A partir de 10 anos

EXPERIENCIA CON LIBROS ELECTRÓNICOS NO CLUB DE LECTURA OS COMELIBROS

Neste curso 2013/14 no Club de lectura Os comelibros no que participa alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca do Colexio, estamos a iniciar a experiencia con lectores de libros electrónicos por parte do noso alumnado.

Estamos seguros de que vai ser unha experiencia moi agradable para eles/as.

Esta é unha nova aposta polas TICs no noso centro.

TODA A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESTÁ EN VIAXA CON POPI

Para informarte sobre as actividades da Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios pincha aqui

Distribuir contido