Escolares
20N - DÍA DA INFANCIA
Feliz día da infancia! Lembremos que todos os nenos e nenas do mundo teñen uns dereitos que se deben respectar!
#somosinfancia #unicef #unicef_es #semanacoainfancia #díadosdereitosdainfancia
CHALECOS LARANXAS
Xa está todo listo para comezar de novo cos "Chalecos laranxas". Axiña poderedes velos no patio. Están para escoitarte se precisas axuda!
LAPBOOKS 2ºEP METEREOLOXÍA
Hoxe presentámosvos o que estivemos a estudar en 2° estes días.
Investigamos a atmosfera e a hidrosfera do noso planeta. Fixemos un experimento sobre o ciclo da auga en bolsas herméticas e fomos meteorólog@s rexistrando o tempo atmosférico grazas á nosa estación meteorolóxica. Logo fixemos estes lapbooks para poder organizar todo o que aprendimos moi ben. Bravo!
VISITA DO PINTOR SIMÓN MUÑOZ
Hoxe visitounos o pintor galego @simon_draw ao que lle dedicamos este trimestre en Plástica Plurilingüe.
En días anteriores á visita fixemos un retrato clásico, unha das disciplinas nas que destaca Simón. Con el aprenderon algunhas técnicas de debuxo para que o retrato nos quede aínda mellor!
Ademais Simón tamén é especialista en manga e ata foi a Xapón a aprender cos mellores debuxantes.
Quedamos encantad@s coa súa visita e fixémoslle un agasallo pola clase de debuxo que nos regalou.
Moitas grazas!
Grazas tamén á @abibliode_xela por cedernos o espazo para facer a actividade
LAPBOOKS 3ºEP
Os nenos e nenas de 3° amósannos os seus lapbooks do espazo! Así é máis doado e divertido estudar!
MAGOSTÍN
Mañá celebraremos a festa do Magostín
Estes días estivemos investigando e traballando estas celebracións galegas de orixe celta nas aulas, e este foi o escalofriante resultado!
Tamén en plástica plurilingüe aprendemos sobre Halloween e fixemos arte terroríficamente divertido!
#samaín #halloween #magostín #magosto #artshalloween #artsandcrafts
CONCURSO DE CABAZAS
Mirade as cabazas que decoran os nosos corredores! Xa temos todo preparado para festexar o Magostín!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración
LUZ NEGRA 4 ANOS
Nas aulas de 4 anos seguen estudando o corpo humano, desta vez mesturándoo co Samaín.
Foron á biblioteca e alí fixeron un obradoiro coa luz negra baseado no conto " Os esqueletos divertidos". Unha idea súper!
COMEZO CLUB DE CIENCIA NATURIÑA
Comezou o noso club de ciencias Naturiña e, para esta primeira xuntanza, relacionaron a sesión co proxecto do cole e elaboraron un medidor de aplausos!
Xenial! El@s si merecen unha chea de aplausos #clubdecienciasnaturiña #clubdeciencias #microbit #medidordeaplausos