Escolares

SAÍDA 5ºEP - PARLAMENTO DE GALICIA

Mentres no cole celebrabamos o día saudable, os mozos e mozas de 5º foron ata a capital a visitar e coñecer a historia do Parlamento Galego.

Aproveitaron a ocasión e tamén se desprazaron ata a Praza do Obradoiro para contemplar a catedral.

DÍA SAUDABLE

"Mens Sana in corpore sano" é o lema para o noso DÍA SAUDABLE co que damos fin ao noso proxecto de Ciencias do 3º trimestre "Seres Olímpicos" no que estudamos o corpo humano entre outros contidos.

Queremos que os nosos nenos e nenas saiban elexir un xeito de vida saudable, no que o deporte, os bos alimentos e as actividades culturais son a opción a elexir fronte outros hábitos perxudiciais, tanto para o corpo como para a mente.

Agora xa sabemos como chegar a ser olímpicos!

SAÍDA 4ºEP - AVENTURA DAKART

E mentres este pasado venres celebrabamos a Convivencia de Infantil no cole, os moz@s de 4º o pasaban de medo en Aventura Dakart en Sanxenxo!

XVI CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

E por fin chegou unha das datas máis agardadas: a CONVIVENCIA OLÍMPICA 2024, que xa vai pola súa 16ª edición.

Os nenos e nenas máis pequenos do cole gozaron dunha xornada de obradoiros, xogos, deportes olímpicos, inchables, exhibicións...

Moitas grazas a todas as nais e pais que estiveron colaborando e traballando a reo para que este día resultara xenial!

 

SAÍDA 5ºEP - ILLA DE ONS

O martes pasado os moz@s de 5º marcharon cara Bueu, onde colleron o barco que os levou á Illa de Ons.

Alí coñeceron a historia deste arquipélago que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Fixeron a ruta que leva ao faro, e co día tan solleiro que ía, ata probaron a auga e camiñaron sobre a fermosa area branca. Unha viaxe de luxo!

SAÍDA 1ºEP - CENTRO ACOUGO

Hoxe amosámosvos o ben que o pasaron os nen@s de 1º na súa saída do martes a Centro Acougo.

Desfrutaron dun día en plena natureza onde fixeron moitas actividades. Montaron en barca no lago do crocodilo, viron o refuxio dos duendes, construíron cabanas, deron de comer aos animais. descubriron as casiñas das fadas... un día marabilloso e inesquecible!

SAÍDA 5 ANOS - APÍPOLIS

Tamén hoxe os nen@s de 5 anos visitaron Apípolis e aprenderon un montón sobre o fascinante mundo das abellas, probaron o mel, fixeron unha candea, e ata vestiron como apicultores. 

SAÍDA 3 ANOS - INDIANABILL

E hoxe foi o truno dos máis pequerrechos do cole, que foron a IndianaBill e o pasaron fenomenal.

DÍA MUNDIAL DO ACOLLEMENTO FAMILIAR

O acollemento familiar ten que ser unha realidade coñecida, unha opción a valorar dentro dunha sociedade xusta e implicada, que pon o foco na nosa infancia e adolescencia, no noso futuro.

Neste día difundimos o acollemento familiar e facémolo visible con este xesto.

Anímaste?

#acougo.gal

Distribuir contido