Escolares

SAÍDA 6ºEP - A CORUÑA

Nesta ocasión amosámosvos a saída dos maiores do cole. Os mozos e mozas de 6º foron á Coruña. Alí visitaron tres museos: O Domus, A Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. Cada un deles profundiza nun ámbito das ciencias diferente.

A Casa das Ciencias na física, astronomía e medios de comunicación. O Domus na evolución da humanidade e a súa historia. O Aquarium Finisterrae na vida mariña.

Pasaron un día xenial que nunca esquecerán.

PROXECTO ESCÓITOTE!

Dende hoxe temos en marcha nos recreos o proxecto Escóitote!

Escoitote! está pensado para dar voz a aqueles nen@s que teñan algún problema ou inquedanza e precisen de alguén de confianza que @s escoite e lles axude a resolvelo. Para iso alumn@s voluntari@s tiveron que facer unha formación durante varias xornadas. Agora xa están preparad@s!

Moitas grazas polo voso traballo!

CLUB DE PIRAGÜISMO TEA

Hoxe visitánronnos dende o Club de piragüismo Tea de Mondariz para darnos unha charla sobre este deporte olímpico e animarnos a practicalo.

CLUB DE CIENCIA NATURIÑA NA RÚA

O alumnado do noso Club de ciencia Naturiña estiveron nas rúas de Ponteareas na tarde do pasado venres amosando algúns dos seus experimentos, incluído o que presentaron na pasada edición de Galiciencia, "Afundirase"?

Que divertido e que ben o fixeron!

CARREIRA POLA LINGUA

Onte por fin puidemos celebrar a CARREIRA POLA LINGUA!

Despois de quedar adiada polo mal tempo o día 16 de maio, onte corremos todos os cursos lucindo os dorsais que fabricamos para a ocasión. Cada ciclo o fixo cunha traxectoria adaptada ao seu nivel. Logo repuxemos forzas con auga e plátanos!
Un forte aplauso para tod@s @s corredor@s!

SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA

Os seguintes en ir de excrusión foron os nen@s de 3º

Foron ao centro educativo e de rescate de fauna Coraxfauna e alí viron animais de distintas especies e puideron participar en actividades destinadas a fomentar a curiosidade e o amor pola natureza.

Para rematar a viaxe foron ata Santiago de Compostela. Que ben o pasaron!

 

SAÍDA 2ºEP - O GROVE

Comeza a tempada de excursións!

Os nenos e nenas de 2º pasaron un día fenomenal no Grove, onde visitaron a aldea dos Grobits, o Acuario e tamén navegaron no barco de Pepiño onde puideron observar o fondo mariño e aprender moito da Ría de Arousa.

GALICIENCIA

Esta foi a nosa participación na edición de Galiciencia deste ano, que se celebrou con formato híbrido os días 8, 9 e 10 de maio en Tecnópole, Ourense.

Este ano a temática foi "Mellor, de madeira" presentando o proxecto "Afundirase?" no que investigaron a flotabilidade de diferentes árbores autóctonas, para elixir a que reunía as mellores condicións para fabricar os barquiños de vela.

Xes e Pablo foron os encargados de presentalo, un aplauso para eles!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana co concerto do gran Paco Nogueiras onde o pasamos fenomenal coa súa radio bule bule.

Tamén coñecemos a vida e obra da homenaxeada deste 2024, LUISA VILLALTA.

Distribuir contido