Ed. Física

DEPORTE ESCOLAR - CROSS GULÁNS

Onte o alumnado de 6° de EP e hoxe o de 4° estiveron participando nunha actividade de cross pertencente ao Deporte Escolar Xogade. Levouse a cabo nas instalacións da Casa Cultural de Guláns.
Seguimos educando no deporte e nos hábitos saudables como modo de vida para medrar fortes e sans
Bravo por el@s!

O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.

Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.

Distribuir contido