Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical
DÍA DA INFANCIA
Así celebramos o Día da Infancia e reinvindicamos que tod@s @s nen@s teñen dereito a medrar nunha familia con cariño e protección.
SAÍDA 5ºEP - QUIÑONES DE LEÓN E MUSEO DO MAR
Os alumnos/as de 5ºEP visitaron o Museo Quiñones de León e o Museo do Mar para realizar a actividade "Salvemos a ría"
O SISTEMA SOLAR
@s alumn@s de 5º de Ed. Primaria están a traballar en ciencias o Sistema Solar, e montaron esta bonita exposición de maquetas:
O MAGOSTÍN
ASÍ GOZAMOS DA NOSA FESTA!
PROXECTO DE CENTRO - OS XOGOS OLÍMPICOS
COMEZAMOS O ADESTRAMENTO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024!
Quixemos dar comezo ao proxecto de centro deste curso cunha andaina á beira do Río Tea facendo exercicio en contacto coa natureza; compartindo un magnífico día de outono en convivencia e apostando polos hábitos saudables.
Os máis pequenos do cole quedaron na Moscadeira, os medianos chegaron ata o merendeiro de As Searas, e os maiores foron ata a Ponte das Partidas, en Moreira. Un xeito tamén de coñecer o noso Concello e as súas rutas de sendeirismo.
GRADUACIÓN 6ºEP
Despedimos ao noso alumnado de 6º desexándolle a mellor das sortes nos seus camiños!
Aquí tedes a vosa casa!
Nos seus últimos días no cole fixeron unha saída a Tui cunha inmersión lingüística en inglés onde pasaron 3 días divertíndose cun montón de actividades a cargo de @nubra.nbr e o acto de graduación de Ed. Primaria onde lembraron o paso polo cole e os seus mestres e mestras que os acompañaron todos estes anos.
#graduaciónprimaria
SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA
A saída de 3° foi a @coraxfauna
CORAX é un Centro Educativo da Fauna autorizado por la Xunta de Galicia que promove actividades lúdico-formativas orientadas a xerar respecto e amor á natureza, para apreciar a fauna dende moi preto gozando dela.
#coraxfauna #respectopolanatureza
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
O pasado venres 16 asistimos ao gran festival de fin de curso onde comprobamos os fabulosos artistas que temos no noso cole!
Parabéns!
E moitas grazas á mestra Lucía por organizalo!.
SAÍDA 1ºEP - MONTE ALOIA
O mércores 14, os nosos alumnos e alumnas de 1° foron ata Tui para coñecer á Fada do Aloia coa que aprenderon moito sobre a maxia da natureza e educación ambiental nun dos parques naturais máis fermosos de Galicia.
#educaciónambiental #montealoia @a_fada_do_aloia
SAÍDA 5ºEP - ILLA DE SAN SIMÓN
O alumnado de 5º de primaria, na súa saída de fin de curso, viviu unha aventura navegando pola ría de Vigo ata a illa de San Simón. Visitaron o museo e tiveron que resolver uns retos recorrendo a illa enteira!
Foi divertidísimo!
#illadesansimón
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »